Desde a Área de Seguridade Cidadá sinalan que “a Policía Local colaborará no control dos accesos ao recinto ferial regulando o tráfico e no cumprimento das medidas de seguridade por parte das veciñas e dos veciños que a Xunta de Galicia convoque a estas probas”
O Concello da Coruña colaborará co Sergas no cribado masivo que o servizo de saúde autonómico comezará a realizar mañá en Expocoruña e que se estenderá durante varios días. Desde a Área de Seguridade Cidadá sinalan que “a Policía Local colaborará no control dos accesos ao recinto ferial regulando o tráfico e no cumprimento das medidas de seguridade por parte das veciñas e dos veciños que a Xunta de Galicia convoque a estas probas”. Ao mesmo tempo, o Concello tamén asiste desde hai meses á administración autonómica no Covid-auto do Ventorrillo.
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, lémbralle á veciñanza que “só deben acudir a este cribado masivo aquelas persoas que sexan convocadas polo Sergas” e
que, neste caso, “non será un Covid-auto senón que as probas se levarán a cabo dentro do
recinto”.