A Concellería de Comercio, Mercados e Barrios instalará vinilos en cada posto e peañas informativas coa capacidade máxima permitida nas entradas das prazas de abastos, co fin de cumprir coa orde do último decreto da Xunta de Galicia
O Concello comezará mañá a sinalizar as distancias de seguridade e as capacidades nos mercados municipais, co fin de cumprir coa orde do último decreto da Xunta de Galicia. San Agustín será o primeiro dos mercados en que se instalarán os vinilos que informarán as e os clientes das distancias de seguridade que deben manter en todo momento.
A Concellería de Comercio, Mercados e Barrios instalará vinilos en cada posto e pedestais
informativos coa capacidade máxima permitida nas entradas das prazas de abastos. A
concelleira, Diana Cabanas, sinala que “nos vindeiros días todos os mercados municipais
contarán coa correspondente sinalización, cumprindo a normativa autonómica” e asegura que “son espazos seguros, en que tanto as e os praceiros como a clientela sempre respectaron as normas para a prevención de contaxios”.
As capacidades nos mercados municipais están calculara para que cada persoa teña 4 metros cadrados ao seu arredor, é dicir, 2×2 metros de distancia.