test
Home A Coruña O Concello comeza as obras de mellora da accesibilidade na rúa Castaños,...

O Concello comeza as obras de mellora da accesibilidade na rúa Castaños, no Barrio das Flores

- Anuncio -

Os traballos están financiados por fondos Next Generation e supoñen un investimento de máis de 200.000 euros

O Concello da Coruña iniciou esta semana as obras de mellora da accesibilidade na rúa Castaños, no Barrio das Flores. Estes traballos promovidos polo Goberno de Inés Rey forman parte das intervencións financiadas con fondos europeos Next Generation.
Os traballos atópanse ao abeiro do plan de melloras de accesibilidade que está a promover o Goberno de Inés Rey nos barrios da cidade. O obxectivo é crear un novo acceso peonil ata a rúa Castaños desde a avenida de Monelos.

Ademais, neste enclave está previsto dotar dun novo paso peonil que dea acceso ao bloque de vivendas da rúa Margaridas, a través da plataforma superior da rúa Castaños. Nos traballos levarase a cabo un investimento de 206.150,73 euros e o prazo de execución é de tres meses.

O Goberno de Inés Rey está a executar nestes momentos diferentes actuacións financiadas coa segunda convocatoria de fondos Next Generation. En total, trátase de 17 actuación que se desenvolven nos distintos barrios da cidade como Monte Alto, Os Mallos, Agra do Orzán, O Castrillón, Elviña, o Barrio das Flores, A Falperra, Eirís ou Agrela.

Entre as obras que se levarán a cabo están as melloras de accesibilidade previstas entre O Peruleiro e a rúa Barcelona, a instalación das escaleiras mecánicas que permitirán salvar o desnivel existente entre as rúas Adelaida Muro e Ángel Rebollo, as obras de reurbanización da avenida da Sardiñeira e as rúas Pla y Cancela, Padre Sarmiento e San Mateo; a construción de dúas novas rotondas entre a avenida de Fisterra e as rúas Gútenberg e Gambrinus; a instalación de dous novos ascensores na rúa Pintor Villar Chao e as obras para mellorar a accesibilidade na rúa Doutor Camilo Veiras, ante o Centro OncolóxicoRexional. O abano de intervencións inclúe, tamén, diversas melloras de accesibilidade en once paradas de autobús da cidade. Ademais, xa a semana pasada, comezou a reordenación do cruzamento entre a rúa Bergondo e a avenida Casanova de Eirís, no Castrillón.

Relacionadas

Incendio nun local hostaleiro da rúa do Concello de Miño

0
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Betanzos interviñeron pasadas as 14:00 horas deste mediodía nun operativo dirixido á extinción dun lume ocasionado no...

Susana Sampedro foi recoñecida pola súa traxectoria artística polo Concello de Ribeira

0
O Concello de Ribeira fíxolle unha recepción á querida veciña e actriz, Susana Sampedro.Arroupada por familiares, amigos veciñanza foi recepcionada no auditorio vello polo...

Alternativa presenta unha moción sobre a granxa porcina de Lañas

0
Alternativa dos Veciños presentou unha moción sobre as irregularidades na actividade da granxa porcina que se sitúa no lugar da Ermida na parroquia de...

Compostela #mudaoconto con teatro contra o antixitanismo de xénero

0
A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais colabora con AGARESO, a Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social, no seu programa #mudaoconto contra...

O Concello de Ortigueira oferta unha ampla programación de roteiros de sendeirismo durante todo...

0
• A iniciativa ‘Ortigueira ao paso’ é completamente gratuíta e programa 14 saídas entre durante os meses de xullo, agosto e setembro. O Concello de...

Belén do Campo anuncia a licitación das obras de ampliación e mellorado CEIP Mar...

0
 A delegada da Xunta destacou que estas actuacións mellorarán o día a día da comunidade educativa, cun centro con maior espazo, confort térmico...

Publicacións Relacionadas