HomeA CoruñaA CoruñaO Concello comeza as obras de reforma da cuberta da piscina de...

O Concello comeza as obras de reforma da cuberta da piscina de Riazor

- Anuncio -spot_img

A Concellería de Deportes estuda a posibilidade de realizar cursos intensivos de natación nos meses de verán

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, informou onte no transcurso da comisión informativa de Deportes do inicio das obras de reforma e rehabilitación da cuberta da piscina de Riazor. Os traballos foron adxudicados a Abeconsa por un importe de 253.792 euros e un prazo de execución de dous meses.
“Estaba previsto que as obras empezasen hai dez días, pero, desgraciadamente, a Covid19 alterou os plans iniciais. A data estimada de finalización dos traballos é o 9 de abril,
aínda que ao se tratar dunha intervención en altura as condicións climatolóxicas dos
vindeiros meses poden alterar os prazos”, sinalou a edila.
A piscina de Riazor acolle as Escolas Deportivas Municipais de natación, temporalmente
suspendidas polas obras da cuberta. A Concellería de Deportes estuda realizar cursos
intensivos de natación, xa que está previsto que a piscina non se peche en todo o verán.
“Se a situación epidemiolóxica o permite”, dixo a concelleira, “as escolas prolongaranse en
xullo e agosto. A nosa intención é que no verán se poidan realizar cursos de natación”.
A intervención nesta piscina municipal súmase ás reformas en distintas infraestruturas
deportivas da cidade ás que o Goberno de Inés Rey lles deu prioridade como o campo de
fútbol de Eirís, os campos de fútbol da Torre e a piscina do complexo deportivo do Castrillón.
Os traballos consisten na retirada da estrutura actual e a instalación dunha nova cuberta a
unha auga con pendente do 10% realizada con panel sándwich sobre unha estrutura de
madeira laminada, mantendo a inclinación cara á fachada do Frontón. Ademais,
substitúense as xanelas da fachada sobre a bancada por unhas novas, con carpintería de
aluminio, que tamén contribúen á mellora das condicións térmicas do recinto.

Publicacións Relacionadas