HomeA CoruñaO Concello conclúe a restauración do cruceiro de Obra de Pano tras...

O Concello conclúe a restauración do cruceiro de Obra de Pano tras sufrir un sinistro de tráfico

- Anuncio -spot_img

· Os traballos foron executados por unha empresa especializada baixo un estrito control arqueolóxico para garantir a protección deste elemento patrimonial.

O cruceiro de Obra de Pano xa loce o seu aspecto renovado tras a finalización dos traballos de restauración. Esta intervención foi necesaria para reparar os danos que sufriu o monumento por mor dun sinistro de tráfico.

Dada a importancia de protexer e conservar o patrimonio local, a actuación levou a cabo seguindo os máximos estándares de coidado e respecto por este ben cultural. Así, os traballos foron executados por unha empresa experta en restauración de bens culturais.

Ademais, aproveitando a presenza dos equipos técnicos, procedeuse á retirada e eliminación da cimentación dun antigo poste de formigón que levaba tempo incrustada na base do monumento.

Publicacións Relacionadas