HomeA CoruñaO Concello confirma a presenza de todas as administracións implicadas na reunión...

O Concello confirma a presenza de todas as administracións implicadas na reunión sobre o futuro dos peiraos

- Anuncio -spot_img

A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que o Goberno local aposta desde o primeiro momento por solicitar a condonación da débeda por parte do Estado e que “estamos na senda do diálogo institucional e da cooperación entre administracións”
A alcaldesa, Inés Rey, asegurou que “todas as administracións que foron convocadas á reunión sobre o futuro dos peiraos confirmaron a súa asistencia” e agradeceulles a súa “receptividade para poñérmonos a traballar xuntos nun asunto que transcende”. Rey valorou a reunión do vindeiro 23 de febreiro coa Xunta, Portos do Estado, Autoridade Portuaria, Deputación, ADIF e o Ministerio de Transportes como “a volta a ver esta imaxe de todas as administracións sentadas á mesa traballando polo futuro da cidade”. A rexedora sinalou que o Goberno local aposta desde o primeiro momento por solicitar a condonación da débeda por parte do Estado: “Tamén é a postura da Corporación municipal e do Partido Socialista, é unha petición unánime na que coincidimos todos”. Lembrou que non é “unha tarefa fácil, pero non imposible” e considera que “estamos na senda do diálogo institucional e da cooperación entre administracións”. Proba disto, dixo, “é que a cidadanía percibe que as administracións de todas as cores políticas estamos traballando man a man e que o 23 de febreiro sentaremos a falar”. Goberno local pretende resolver os problemas actuais de mobilidade aliviando o tráfico da avenida do Porto a outras vías practicamente en desuso como a interior do Porto que vai desde a praza de Ourense a Entrexardíns. Neste aspecto, a idea é crear novos espazos públicos na contorna e apostar por unha sustentabilidade tanto ambiental, en todas as intervencións que se realicen nos terreos portuarios, como social, nas actividades produtivas e non produtivas localizadas alí. Necesítase por tanto reformular os convenios de 2004, “froito do consenso entre os membros que participen no desenvolvemento do futuro do Porto”, insistiu a alcaldesa. Rey afirma que na reunión deberanse abordar cuestións importantes como a reordenación do terreo portuario, a conexión ferroviaria a Punta Langosteira e a apertura progresiva dos peiraos á cidadanía.

Publicacións Relacionadas