Home A Coruña O Concello convoca a terceira edición do certame creativo de ovos de...

O Concello convoca a terceira edición do certame creativo de ovos de Pascua por Semana Santa

- Anuncio -

• A iniciativa vai dirixida á rapazada de entre 3 e 12 anos, que deberá presentar os seus traballos do 28 de marzo ao 10 de abril.

• As votacións realizaranse a través do Facebook municipal ou o servizo de NovasLaxe do 11 ao 14 de abril.

O departamento de Cultura do Concello de Laxe convoca o III certame creativo de ovos de Pascua por Semana Santa co obxectivo de promover a realización de actividades interxeracionais nas familias.

A iniciativa vai dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Cada participante deberá presentar unha única proposta dun ovo de Pascua a partir dun real pertencente a algún animal. Haberá tres categorías: infantil (de 3 a 5 anos), primaria 1 (dos 6 aos 9 anos) e primaria 2 (de 10 a 12 anos).

O prazo de entrega de traballos irá das 8:00 horas 28 de marzo ás 23.59 do día 10 de abril. Acompañando aos ovos cada nai, pai ou titor/a do neno ou nena participante terá que entregar unha fotografía do mesmo no Rexistro Xeral ou na sede electrónica do Concello.

O prazo de votacións abranguerá do 11 ao 14 de abril establecéndose dúas vías: Facebook e WhatsApp. Na primeira rede social será necesario reaccionar cun ‘gústame’ ou ‘encántame’ na imaxe que se considere debe ser a gañadora, mentres que no servizo de NovasLaxe haberá que especificar nunha mensaxe o seguinte texto: “VOTO O OVO CREATIVO DE ____ (nome e apelidos do neno/a).

A entrega de agasallos terá lugar a partir do 15 de abril e consistirá nun diploma e un gran ovo de Pascua de chocolate. Premiarase ao ovo máis votado dentro de cada categoría.

A concelleira de Cultura, Raquel Lema, confía en que “os nenos e nenas de Laxe participen nunha iniciativa especial, divertida e onde a creatividade será a protagonista”.

Máis información na web do municipal (www.concellodelaxe.com).

Relacionadas

Quérote-Fest, o xoves 2 de maio no Parque da Lagoa de Mera

0
O Parque da Lagoa de Mera acollerá o xoves 2 de maio o programa Quérote-Fest, no que actuarán unha selección dos mellores artistas e...

Empresariado da Pobra interesouse polos servizos de dixitalización que ofrece o Concello a través...

0
A cooperativa Kracia presentou ante empresariado da Pobra os servizos de balde para a transformación dixital aos cales pode optar: redes sociais, publicidade, creatividade...

“Neda a petiscos” bota a andar esta fin de semana coas cinco primeiras degustacións...

0
O Concello subministrará aos establecementos de hostalería participantes os produtos que servirán gratis coas consumicións Mañá sábado arranca “Neda a petiscos”, a campaña promovida polo...

O Muíño de Fonte da Balsa recuperase para os veciños grazas a unha iniciativa...

0
∙ Os populares esperan que a reparación teña lugar “canto antes, para que todos podamos volver gozar desta contorna de gran valor natural e...

Unha festa post-regata animará a noite previa á final do Campionato de España de...

0
A Pobra vivirá nesta fin de semana o Campionato de España de Bateis. No sábado 27 disputaranse as eliminatorias, mentres que a final se...

O Pleno do Concello de Arteixo aprobou onte a moción do BNG para promover...

0
O Pleno do Concello de Arteixo aprobou onte a moción do BNG para promover o autoconsumo eléctrico e estudar a creación dun fondo de...

Publicacións Relacionadas