HomeA CoruñaA CoruñaO Concello convoca a terceira manifestación contra o proxecto de supresión do...

O Concello convoca a terceira manifestación contra o proxecto de supresión do baipás de Infesta

- Anuncio -spot_img

· Está prevista para o xoves 18 de decembro ás 13 horas, na DP0105 á beira do Hotel Luso.

· Realizarase de novo baixo o lema ‘Por unha alternativa xusta. Cortiñán non mutílase”.

O Concello de Bergondo convocou a terceira manifestación contra o proxecto do Ministerio de Transporte para o ‘ramal de conexión entre as liñas de ancho ibérico León – A Coruña e Betanzos Infesta-Ferrol’, que implica a supresión do Bypass de Infesta.

Faio tras manifestarse nos meses de outubro e novembro e logo de recorrer a decisión do Ministerio de non contemplar a alternativa proposta polo goberno local para o proxecto de supresión do baipás de Infesta ao concluír que “a alternativa 5s proposta non resulta viable tecnicamente”.

A manifestación está prevista para este xoves, 18 de decembro, ás 13 horas, na DP-0105, á beira do Hotel Luso, e realizarase baixo o lema ‘Por unha alternativa xusta. Cortiñán non mutílase’.

Publicacións Relacionadas