Home A Coruña O Concello convoca axudas para apoio á natalidade con achegas de ata...

O Concello convoca axudas para apoio á natalidade con achegas de ata 3.000 euros

- Anuncio -

• Con esta convocatoria, o obxectivo é dobre: por unha banda, fomentar a natalidade como medida complementaria de apoio ás familias e, por outro lado, a fixación da poboación no termo municipal..

O Concello das Somozas convoca axudas para apoiar a natalidade con achegas de ata 3.000 euros. Preténdese un dobre obxectivo: por unha banda, fomentar a natalidade como medida complementaria de apoio ás familias e, por outro lado, a fixación da poboación no termo municipal.

Están destinadas tanto para as nenas e nenos nados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021 como entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022. Para o primeiro grupo, as axudas son as seguintes:

– 1.000 euros polo primeiro fillo/a nado/a, adoptado/a ou acollido/a.
– 1.000 euros polo primeiro fillo/a nado/a, adoptado/a ou acollido/a en caso de padecer algunha discapacidade.
– 1.000 euros polo segundo e sucesivos fillos/as nados/as, adoptados/as ou acollidos/as.
– 1.500 euros polo segundo e sucesivos fillos/as nados/as, adoptados/as ou acollidos/as no caso de padecer unha discapacidade.
As contías para o grupo de nacementos entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022 son:

– 1.000 euros polo primeiro fillo/a nado/a, adoptado/a ou acollido/a.
– 2.000 euros polo primeiro fillo/a nado/a, adoptado/a ou acollido/a en caso de padecer algunha discapacidade.
– 2.000 euros polo segundo e sucesivos fillos/as nados/as, adoptados/as ou acollidos/as.
– 3.000 euros polo segundo e sucesivos fillos/as nados/as, adoptados/as ou acollidos/as no caso de padecer unha discapacidade.

Os pais/nais, titores ou acolledores, ou polo menos un deles, así como o menor nado, adoptado ou acollido, deberán estar empadroados no Concello de As Somozas cunha antelación mínima de 12 meses antes do parto. Os menores nados, adoptados ou acollidos, deberán inscribirse no padrón de habitantes do Concello. A persoa ou persoas solicitantes da axuda deberán comprometerse a seguir empadroados no concello, tanto eles como os menores obxecto da axuda, por un período mínimo de 3 anos desde a data da concesión. O menor deberá convivir coa persoa solicitante e debe estarse ó corrente coas obrigas tributarias coa Seguridade Social e coas Administracións Tributaria Estatal de Galicia.

As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica, na sede electrónica do Concello de As Somozas de xeito preferencial, ou tamén no Rexistro do Concello. Presentaranse no prazo máximo de 6 meses desde o nacemento, resolución xudicial de adopción ou resolución administrativa de acollemento e no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de xaneiro de 2022.

O alcalde, Juan Alonso Tembrás, indica que “o que buscamos con estas axudas é fomentar a natalidade no noso municipio, pero tamén axudar a cubrir as necesidades básicas no momento dun nacemento, que son moitas. Agardamos contar con novos nenos e nenas nas Somozas”, argumentou.

Toda a información aquí: https://bit.ly/3Gucdqu

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas