Home A Coruña O Concello convoca unha liña de axudas a familias para material escolar...

O Concello convoca unha liña de axudas a familias para material escolar e desprazamentos no curso 2022-2023

- Anuncio -

• Están dirixidas a aquel alumnado que estea a cursar estudos en Educación Infantil, Primaria, Secundaria, FP Básica, Bacharelato e para gastos de desprazamento para o estudantado de Ciclos Medios, Superiores e Universidade.

• O alumnado de Ciclos Medios, Superiores e Universitarios non terán que acredditar o nivel de renda familiar.

O Concello das Somozas convocou unha liña de axudas a familias para material escolar no curso 2022-2023. Están dirixdas a aquel alumnado que estea a cursar estudos en Educación Infantil, Primaria, Secundaria, FP Básica, Bacharelato e para gastos de desprazamento para o estudantado de Ciclos Medios, Superiores e Universidade.

O obxectivo prioritario desta acción é promover o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación, e compensar ás familias para facer fronte aos gastos derivados da escolarización dos seus fillos e fillas matriculados e matriculadas nos ámbitos mencionados anteriormente.

Abranguerá libros escolares; os de lectura que sexan necesarios durante o curso académico; material funxible (bolígrafos, cores, libretas, folios, rotuladores…); mochilas, estoxos e neceseres; material e libros específicos para o alumnado con necesidades especiais, material informático (tinta de impresora ou memorias USB); no caso de Ciclos Formativos, material específico que teña relación coa especialidade que se curse; material incluído na listaxe de Educación Infantil distinto de material funxible (toallitas húmidas e panos); no caso de estudantes de Ciclos Medios ou Superiores e Universitarios, o concepto específico que se subvenciona é o de desprazamentos.

Os requisitos que deben cumprirse para a solicitude das axudas son: estar empadroado/a no Concello das Somozas; que a solicitude estea formulada polo pai, nai, titor/a do/a alumna/o cando sexan menores de idade. No caso de ser maiores de idade, deberán tramitar a solicitude ao seu nome. A alumna/o debe ter escolarización durante o curso 2022/2023, nalgún dos niveis descritos nun centro de ensinanza pública; non ter débedas co Concello das Somozas; cumprir os requisitos establecidos no artigo 13 da Lei 38/2003 do 17 de novembro, Xeral de Subvencións de 10 da Lei 9/2007; non superar os ingresos, en particular a suma das bases impoñibles do IRPF que establece o baremo económico que se pode consultar nas bases. Si a alumna/o para a/o que se solicita a axuda ten recoñecida pola Xunta de Galicia un Grao de Discapacidade igual ou superior a un 33% recibirá a contía máxima correspondente ao curso no que está matriculado e non haberá límite de ingresos. O alumnado de ciclos medios, superiores e universitarios non terán que acreditar o nivel de renda familiar.

As solicitudes presentaranse xunto coa documentación correspondente no Rexistro Xeral do Concello ou na Sede Electrónica do Concello das Somozas, empregando o formulario dispoñible no enderezo web municipal. Presentaranse en vinte días naturais a contar desde o seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, é dicir, ata o 5 de outubro de 2022.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas