HomeA CoruñaA CoruñaO Concello coopera nun proxecto sanitario en Chiapas con Solidariedade Galega

O Concello coopera nun proxecto sanitario en Chiapas con Solidariedade Galega

- Anuncio -spot_img

Este grupo formado por 7 profesionais da sanidade, entre os que se atopan varias veciñas de Oleiros, partiron desde o aeroporto da Coruña para dedicar as súas vacacións a atender de xeito gratuíto as persoas máis desfavorecidas da zona rural de Altamirano, en Chiapas. O Concello de Oleiros financia integramente este proxecto da ONG Solidariedade Galega con 19.509,69 euros.

A expedición está composta polos xinecólogos Luis Heliodoro Alba Ordás e Fátima Martínez Ordás, as cirurxiáns Celsa María Fernández Blanco e Namibia Sanluis Verdes, as anestesistas Rosa María López Pérez e María Vilela Lozano e a enfermeira Mónica María García Casás –responsable do proxecto-; que estarán durante 2 semanas en Chiapas, no Hospital San Carlos. Ademais das intervencións e consultas, formarán a profesionais locais.

Debido ao illamento no que se atopa a localidade que alberga este hospital, resulta moi complicado atopar médicos que poidan traballar no centro. É por iso que misións como a do equipo de médicos voluntarios de Solidariedade Galega ten unha elevada importancia.

Publicacións Relacionadas