HomeA CoruñaO Concello dá comezo ás obras de saneamento no Cruceiro e finaliza...

O Concello dá comezo ás obras de saneamento no Cruceiro e finaliza a canalización en Gas

- Anuncio -spot_img

• A pesar das intervencións, a estrada principal deste lugar non permanecerá cortada ao tráfico rodado, e contan cun orzamento de 136.659,71 euros.

O Concello de Paderne deu comezo estes días aos traballos de saneamento no lugar do Cruceiro, na parroquia de Paderne. A pesar destes traballos, nun principio non se pechará a estrada ao tráfico rodado, aínda que si que se prevén retrasos na circulación, polo que lamentamos as molestias que se poidan ocasionar.
Os traballos que se levarán a cabo comprenden a demolición do pavimento exterior, tanto formigón como baldosas e losetas, así como a escavación de zanxas nos terreos de tránsito e de pozos en terra branda. Instalaranse novos pozos de rexistro e colectores soterrados.
“Trátase dunha obra que permitirá rexenerar as condicións dun servizo imprescindible para a veciñanza, como é o do saneamento. Intentamos localizar as zonas nas que son máis necesarias este tipo de intervencións, pero a nosa intención é dotar a absolutamente todas as parroquias e contar así cun sistema renovado que permita seguir mellorando as condicións de vida da nosa veciñanza”, apunta o alcalde, Sergio Platas, quen afirma que “entendemos que é ambicioso poder facelo en todo o municipio pero pouco a pouco vaise construíndo un Paderne mellor para vivir”, sentenza.

Fin ás obras en Gas
Neste sentido, finalizaron as obras de reparación da vía e canalización no lugar de Gas, na parroquia de Souto, onde se levaron a cabo tarefas de escavación do terreo para realizar as operacións requiridas e a instalación dun colector soterrado, unha arqueta de formigón e varios sumidoiros.

Publicacións Relacionadas