Home A Coruña O Concello da Coruña aporta 100.000 euros ás entidades sociais da cidade...

O Concello da Coruña aporta 100.000 euros ás entidades sociais da cidade para o desenvolvemento de proxectos

- Anuncio -

Un total de 36 asociacións beneficiaranse das axudas promovidas pola concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación

O Concello da Coruña ven de facer pública a resolución provisional de axudas públicas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro da cidade. O obxectivo destas achegas é o desenvolvemento de actividades e proxectos de interese social durante o 2021.

A Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación que dirixe Yoya Neira aportará 100.000 euros a asociacións de diferentes ámbitos. A finalidade destas subvencións é a cooperación municipal en actividades ou proxectos de promoción e reinserción social, a prestación de servicios sociais e, en xeral, accións que persigan un interese social.

Un total de 36 asociacións da cidade recibirán achegas municipais a través destas axudas. As entidades teñen de prazo ata o 3 de novembro para aceptar ou renunciar a dita subvención. Oito das beneficiarias obtiveron a cantidade total solicitada: Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Galega de Hemofilia, Federación galega de Enfermidades raras, Fundación Ecca, Alcer Coruña, Asociación Galega de Fibrosis Quística, Asociación de persoas xordas de A Coruña e AAVV Castrillón-Soto IAR.

Algúns exemplos de proxectos presentados polas entidades son o mantemento do servicio de ropeiro en Padre Rubinos, a reinserción e o recoñecemento social a través da xardinería da Asociación Cultural Zalaeta ou a estimulación cognitiva e psicomotricidade en persoas con Alzheimer de AFACO.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas