Home A Coruña O Concello da Coruña restaura o “Breogán” de San Cristovo, do escultor...

O Concello da Coruña restaura o “Breogán” de San Cristovo, do escultor Escudero Carril

- Anuncio -

O mestre Santiago Martínez Otero, restaurador da Catedral de Santiago, será o encargado de executar os traballos da peza escultórica, danada nos últimos anos

O Concello da Coruña acometerá nas vindeiras semanas a restauración do “Breogán”, unha peza escultórica situada na praza de San Cristovo dende 1992. A escultura é unha homenaxe a Breogán, símbolo de Galicia e da cidade. A obra é un traballo de Francisco Escudero Carril, autor de outros monumentos de titularidade municipal como a escultura de Salvador de Madariaga na súa praza homónima ou a de José Neira nos xardíns de Catro Camiños.

A necesidade das actuacións na escultura débese á rotura dunha das extremidades da peza escultórica. Os traballos de restauración centraranse na reintegración da parte anatómica que falta (neste caso o antebrazo esquerdo) co obxectivo de recuperar a integridade formal e construtiva do ben. O fragmento será reposto coa peza orixinal, recollida polo servizo de infraestructuras e depositada no almacén da área municipal para a súa reposición.

Os traballos de restauración do monumento a Breogán serán executados por Santiago Martínez Otero, mestre ferreiro compostelano de gran prestixio. Entre os seus últimos traballos figuran actuacións na restauración da Catedral de Santiago, con intevencións no ciborio, a Porta Santa, a Torre do Reloxo ou a cripta. Ademais do seu recoñecemento como restaurador do patrimonio histórico, Santiago Martínez Otero recibiu o pasado ano 2021 o Premio Richard H. Driehaus das Artes e da Construción, na categoría de forxa, reixaría, cerrallaría, vidreiras con chumbo e outros traballos do metal.

Coa restauración de “Breogán”, o goberno de Inés Rey continúa na recuperación e mellora do patrimonio histórico-artístico da cidade, sumándose á recente reposición da escultura orixinal de Emilia Pardo Bazán nos Xardíns de Méndez Núñez ou a recuperación dos reloxos históricos.

Relacionadas

Inés Rey, na celebración do ascenso do Dépor ABANCA: “Hoxe o orgullo da Coruña...

0
A alcaldesa recibiu ao equipo en María Pita, onde a afección celebrou o triunfo desde a praza A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu esta...

Cores suma seis novas liñas de autobús e nove servizos de luns a venres,...

0
 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade incorporou a parada nesta parroquia, que tamén contará con tres servizos os sábados e cinco domingos e...

Charlín lamenta que a oposición trate de enganar á veciñanza e sinala que as...

0
• O alcalde laxense lamentou as acusacións vertidas desde o BNG de maneira “completamente inxustificada, sen probas e con datos falsos e desactualizados” • “Os...

As brigadas medioambientais municipais actúan no Castro de Montes Claros

0
Nos espazos que foron obxecto de escavacións intervirase baixo supervisión arqueolóxica. O Concello continúa levando a cabo actuacións que teñen por obxectivo conservar e poñer...

O Concello comeza este mércores os traballos de mellora dun camiño rural en Brañas...

0
· Por mor das obras, permanecerá cortada ao tráfico rodado a vía que une a Grela con Tasaraño. O Concello de Camariñas dará comezo este...

Concerto da arxentina Guada o sábado na Fábrica

0
O Festival Elas son Artistas chega este sábado a Oleiros cun concerto da artista arxentina Guada, no centro cultural A Fábrica, ás 20:30 horas....

Publicacións Relacionadas