HomeA CoruñaA CoruñaO Concello de Arteixo denega a participación de Alternativa dos Veciños no...

O Concello de Arteixo denega a participación de Alternativa dos Veciños no pleno

- Anuncio -spot_img

O grupo municipal, amparándose no Regulamento Orgánico Municipal, pretendía demandar na sesión plenaria de hoxe accións para a defensa dos dereitos da veciñanza ante o proxecto de implantación dunha planta de residuos industriais, que incluiría dúas chemineas de gran altura e emisión de gases contaminantes a escasos 540 metros do Portiño e os areais.

O alcalde de Arteixo impediu que Alternativa dos Veciños presentara as súas cuestións relativas á necesidade da paralización cautelar destes proxectos, ata que se informe á cidadanía sobre as consecuencias que a súa instalación no Porto Exterior podería ter para a saúde pública e o medio ambiente.

Este proxecto súmase a unha serie de iniciativas que, segundo Alternativa, non deberían considerarse propias dun Porto, como o proxecto experimental de eólica mariña, proxecto eólico terrestre, á planta de produción de amoníaco, a planta de produción de hidróxeno verde.

Alternativa de Arteixo lembra que a veciñanza de Arteixo xa sofre a diario unha pésima calidade do aire, focos de contaminación en augas, contaminación acústica, tráfico pesado, deterioro de praias e arenais, verteduras de residuos incontrolados, expropiacións a veciñanza e unha longa lista de molestias que condicionan a calidade de vida da cidadanía, ademais de xear un claro impacto medioambiental negativo.

Publicacións Relacionadas