Home A Coruña O Concello de Boqueixón abre as inscricións nos cursos de natación de...

O Concello de Boqueixón abre as inscricións nos cursos de natación de xullo e agosto

- Anuncio -

O Concello de Boqueixón abre o prazo de inscrición para os cursos de natación da tempada 2022. Serán en horario de mañá durante os meses de xullo e agosto nas instalacións das piscinas municipais do Forte. Van dirixidos a crianzas de entre 4 e 15 anos.

As persoas interesadas en participar nestas actividades deberán formalizar a súa solicitude presentando a ficha de inscrición (dispoñible na web municipal) e presentala por rexistro: a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón (https://sede.boqueixon.com/opencms/gl/) ou presencial na Casa do Concello. O prazo remata o 27 de xuño.

Os cursos dividiranse en grupos segundo a idade das crianzas participantes e as clases desenvolveranse en días alternos (luns-mércores e martes-xoves). Os grupos, horarios e número de participantes estableceranse de acordo ao número de participantes en cada un dos grupos de idade. Neste senso, é importante especificar na ficha de inscrición o nivel de destreza do/a neno/a (iniciación ou perfeccionamento) para a posterior confección por grupos.

O prezo dos cursos de natación infantil estivais é de 15 euros ao mes. Unha vez publicada na web a listaxe de nenos/as admitidos/as deberase abonar a contía mensual na conta ES68 2080 0320 2531 1000 0666. No concepto, deberase especificar “Natación-Mes+Grupo/Día+nome do/a neno/a”.

O resgardo de pago deberase remitir ao Departamento de Deportes (deportes@boqueixon.com), sendo requisito imprescindible para poder iniciar a actividade. Unha vez efectuado o abono –en caso de querer darse de baixa-, non se reintegrará ningún importe sen causa debidamente xustificada.

Para solicitar más información, no Departamento de Deportes, no 636 731 721 ou en deportes@boqueixon.com.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas