Home A Coruña O Concello de Boqueixón e a Federación Galega de Espeleoloxía organizan visitas...

O Concello de Boqueixón e a Federación Galega de Espeleoloxía organizan visitas guiadas ás covas do Pico Sacro

- Anuncio -

Realizaranse 48 baixadas entre os meses de xuño a setembro, nas que poderán participar 240 persoas

A primeira visita, dunhas 2,5 horas de duración, terá lugar o sábado 17 de xuño e o prezo será de 30 €/persoa (25 € no caso de persoas empadroadas en Boqueixón)

O Concello de Boqueixón e a Federación Galega de Espeleoloxía organizarán un total de 48 visitas guiadas ás covas do Pico Sacro, que terán lugar os durante oito sábados dos meses de xuño a setembro, o que permitirá que 240 persoas descubran os segredos da cova máis lendaria de Galicia. Todas as persoas interesadas en participar na iniciativa “Baixadas espeleolóxicas ás covas do Pico Sacro” poderán anotarse a través da páxina web www.espeleoloxia.org/web/visitapicosacro/

Unha iniciativa que foi presentada esta mañá no propio Pico Sacro polo alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, quen estivo acompañado por Marcos Vaqueiro, vicepresidente da Federación Galega de Espeleoloxía. Fernández Munín destacou que “dende o Concello valoramos moi positivamente esta iniciativa, que se desenvolve despois do éxito que tiveron as visitas realizadas o ano pasado, no que máis de cen persoas baixaron ás covas do Pico. Para nós, este tipo de iniciativas son moi importantes desde un punto de vista turístico xa que contribúen a poñer en valor o Pico Sacro entre persoas amantes do deporte”.

240 visitantes

As baixadas ás covas do Pico Sacro son totalmente seguras e estarán guiadas por técnicos da Federación Galega de Espeleoloxía, que se encargarán de proporcionar todo o equipo necesario para desfrutar desta actividade. Unha iniciativa que dará comezo no Centro de Interpretación do Pico Sacro (Cachosenande, Lestedo), onde as 5 persoas participantes por cada quenda poderán coñecer a historia desta cova e a súa influencia na historia Xacobea, onde entroncan coa Traslatio do corpo do Apóstolo Santiago a Compostela.

Tras unha pequena formación técnica sobre o manexo dos arneses, as cordas e a escaleira de baixada por parte dos monitores especializados, esas 5 persoas trasladaranse nos seus vehículos ata o Pico Sacro, onde baixarán de xeito individual e guiados en todo momento polos técnicos da Escola Galega de Espeleoloxía. A duración total da iniciativa será de 2 horas e media.

O Concello de Boqueixón e a Federación Galega de Espeleoloxía convocan 8 días de visita, todos eles sábados: 17 de xuño; 1, 15 e 29 de xullo; 12 e 26 de agosto; e 9 e 23 de setembro en seis horarios diferentes, tanto de mañá (de 9:30 a 12:00 horas, de 11:00 a 13:30 horas e de 12:00 a 14:30 horas) como de tarde (de 15:00 a 17:30 horas, de 16:00 a 18:30 horas e de 17:30 a 20:00 horas). Unha programación inicial aberta a modificacións dependendo da climatoloxía.

Establécese un máximo de 5 participantes por quenda, que deberán ser maiores de 14 anos (ou cumprilos ao longo deste ano 2023) e anotarse na web: www.espeleoloxia.org/web/visitapicosacro/. O prezo da visita guiada é de 30 euros por persoa, que inclúe: visita guiada por monitores da Escola Galega de Espeleoloxía, equipamento (buzo, guantes, casco e lanternas frontais), seguro de responsabilidade civil e seguro de accidentes.

As persoas empadroadas en Boqueixón terán un prezo especial de 20 euros por persoas, mentres que a mocidade entre 14 e 18 anos desfrutará dunha tarifa de 15 euros por persoa.

Recomendacións

O punto de encontro para as persoas participantes será o Centro de Interpretación do Pico Sacro (Cachosenande, Lestedo). Un local sinalizado no camiño principal de acceso ao Pico Sacro onde os monitores da Escola de Espeleoloxía impartirán a formación básica previa e facilitarán ás persoas participantes o equipo necesario. Dende o Centro de Interpretación, cada persoa subirá ao Pico Sacro no seu propio vehículo, xa que a actividade rematará á saída das covas e non se volverá polo centro.

Dende a organización recomendan asistir con roupa e calzado pechados e cómodos. Máis información na Federación Galega de Espeleoloxía (www.espeleoloxia.org ou 982 507 227) e no Departamento de Emprego, Formación e Turismo de Boqueixón (www.boqueixon.gal ou 981 513 061).

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas