Home A Coruña O Concello de Boqueixón investirá máis de 365.000 euros de fondos propios...

O Concello de Boqueixón investirá máis de 365.000 euros de fondos propios en actuacións de mellora no municipio

- Anuncio -

O programa de inversións inclúe melloras no viario A Pena-A Moa, unha senda entre Donas e Gundián, obras no local social de Codeso e varias actuacións no servizo de recollida de lixo

O Concello de Boqueixón investirá un total de 367.695 euros en sete proxectos de mellora no municipio. Para iso, o pleno de Boqueixón vén de aprobar unha modificación de crédito de 105.527 euros con cargo ao Remanente Líquido de Tesourería para acometer unhas actuacións “que responden ás necesidades e peticións achegadas polos veciños e veciñas de Boqueixón”, explica o concelleiro de Economía e Facenda, José Manuel Iglesias.

A modificación de crédito foi aprobada cos votos do Grupo de Goberno e a abstención da oposición municipal. José Manuel Iglesias sinalou que “tal e como anunciamos na aprobación da primeira modificación en xuño, de case 930.000 euros, hoxe traemos esta segunda modificación para cubrir a achega municipal a proxectos de investimento da Xunta e da Deputación, así como proxectos propios como a adquisición de contedores para a recollida de residuos sólidos urbanos e amarres para os mesmos”.

Programa de inversións

Entre as actuacións máis importantes figuran a mellora do viario entre A Pena e A Moa, na parroquia de Loureda, onde o Concello de Boqueixón investirá 159.887,63 euros. “Trátase dunha obra que temos previsto facer dende hai tempo e que agora podemos finalmente acometer”, apunta o voceiro do Grupo de Goberno.

Así mesmo, o Concello boqueixonés, en colaboración coa Xunta de Galicia e o Concello de Vedra, investirán 60.000 euros na construción dunha ruta de sendeirismo entre Donas e Gundián. Unha actuación conxunta emprazada no Fondo de Compensación Ambiental. Así mesmo, o Concello de Boqueixón acometerá melloras no local social de Codeso por un importe de 34.423,06 euros, dos que o ente local achegará o 31% e o resto será financiado pola Xunta de Galicia.

Melloras na recollida do lixo

Finalmente, o Concello de Boqueixón investirá a maior parte dos cartos desta modificación de crédito en materia medioambiental e recollida de lixo. Entre os distintos proxectos previstos figuran a adquisición dun camión para a creación dun punto limpo móbíl, por un importe de 71.390 euros. Este novo servizo favorecerá a recollida daqueles residuos especiais susceptibles de recuperación e que non son recollidos no sistema ordinario: pilas, baterías, lámpadas, tubos fluorescentes, vidro, aceites usados, roupa, calzado… Ademais, evitará que a veciñanza teña que desprazarse cos residuos a un punto de entrega, xa que este punto limpo móbil achegarase ás distintas aldeas dun xeito periódico e seguindo un plan de viaxe que será dado a coñecer previamente polo Concello a través das súas canles habituais de comunicación cos veciños e veciñas.

Así mesmo, o Concello investirá 14.924 euros na adquisición de contedores para envases lixeiros así como outros 12.077 euros para a compra de contedores marróns, para a recollida de residuos orgánicos. A actuación complementarase cun investimento de 14.993 euros para a adquisición de 85 dispositivos de suxeición para contedores.

Durante o debate, José Manuel Iglesias informou sobre o proxecto presentado polo Concello de Boqueixón ao IDAE para a mellora do alumeado público e a creación dunha rede de sendas municipais que suporía un investimento de máis de 2 millóns de euros. “Sabemos que ese proxecto entrou en prazo e entendemos que terá que ser aprobado. Pola documentación que nos solicitaron, penso que debería estar resolta antes de finais de anos”, apuntou.

Festivos locais

O Pleno tamén aprobou os festivos locais para 2023, que se manteñen como en 2022: martes de Entroido (21 de febreiro) e Día da Ascensión (xoves 18 de maio). Así mesmo, na sesión plenaria acordouse a modificación puntual número 4 das normas subsidiarias de 1996, que eran moi restritivas con respecto aos peches das vivendas e se adecuaron ao que permite a normativa vixente.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas