Home A Coruña O Concello de Boqueixón remata o proceso de transformación dixital da numeración...

O Concello de Boqueixón remata o proceso de transformación dixital da numeración do municipio

- Anuncio -

As principais modificacións tiveron lugar nos núcleos de Pumares, O Forte e Camporrapado

A actuación permitirá unha maior eficiencia nas súas comunicacións coa veciñanza e seguir avanzando no programa “Cero papel”

O Concello de Boqueixón vén de rematar o proceso de transformación dixital da numeración do municipio. Un proxecto promovido polo Concello de Boqueixón, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader): Europa inviste no rural e o Programa de Desenvolvemento rural de Galicia 2014- 2020, medida Leader Galicia, xunto co GDR Terras de Compostela.

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, salienta que “actualizamos todos os datos e xeramos unha plataforma dixital sobre un sistema de información xeográfica con identificación catastral que permitirá unha maior eficiencia nas comunicación entre o Concello e a veciñanza, ademais de permitirnos seguir avanzando no obxectivo Cero papel, para axudar a conservar o noso medio ambiente”.

Uns datos que foron compartidos co Catastro, co INE e con Google, “onde calquera veciño pode acceder a Google Maps dende o seu ordenador, teléfono ou tableta aos enderezos, que están perfectamente xeolocalizados e mesmo se poden visualizar a través do programa Street View”. Isto facilitará tanto as comunicacións da veciñanza coas distintas Administracións e evitará as confusións que en ocasións se producían no reparto do correo. E é que a xeo-referenciación dixital é capital e a numeración dos inmobles abastece as bases de datos máis importantes para a xestión do territorio municipal.

Máis de 700 modificacións

De feito, durante o traballo de transformacións dixital da numeración de Boqueixón distinguíronse un total de 2.604 referencias, recollidas en 331 planos planos dispoñibles todos eles na web municipal (www.boqueixon.gal). Deste total, engadíronse 487 novas referencias que non estaban identificadas previamente. As principais modificacións tiveron lugar en torno aos núcleos de Pumares, O Forte e Camporrapado, onde tamén se numeraron os solares susceptibles de seren edificados.

Unha vez incorporados os datos actuais, definíronse 53 novos códigos de vía para as novas rúas, avenidas e travesías do casco urbano de Lestedo, así como certos lugares que non figuraban no catastro. Ademais, actualizáronse no sistema 1.104 números entre a parroquia de Lestedo e o lugar de Pumares.

Finalmente, repartíronse os rótulos informativos, de forma rectangular, co escudo do Concello de Boqueixón e cun código QR coa información vencellada á referencia catastral, así como o número que identifica a esa entidade, cos nomes da parroquia arriba e do lugar abaixo.

Relacionadas

O Concello de Carballo pon en marcha o programa “Remocea”, no que poderán participar...

0
Aberto o prazo de inscrición para as seguintes actividades: talleres de memoria, manexo de teléfonos móbiles e outras tecnoloxías e actividades lúdico-formativasO alcalde, Evencio...

O Ministerio de Cultura volve premiar as Bibliotecas do Concello de Oleiros

0
A forte aposta pola educación e a cultura que fai o Concello de Oleiros volve ser merecedor de que as Bibliotecas Municipais fosen novamente...

As persoas máis lectoras da Pobra son agasalladas polo Día das Bibliotecas 2024

0
As bibliotecas son un punto de encontro arredor das letras, unha plataforma para a difusión do coñecemento. Baixo esta premisa, a Concellaría da Cultura...

O desprendemento de cables de telefonía impide o tráfico rodado na rúa José María...

0
Os bombeiros do parque Provincial das Pontes interviñeron esta tarde nunha incidencia ocasionada pola rotura dun poste de telefonía sobre a vía que impedía...

Os Concellos afectados polo paso da AP-9 acordan asociarse para “reivindicar vos nosos dereitos...

0
• O alcalde de Abegondo convocou a reunión para “facer forza conxunta” • Os Concellos loitarán pola cobranza de atrasos do IBI, a actualización catastral...

Laxe instala 4 paneis informativos en diferentes miradoiros do municipio

0
·       Os puntos nos que se colocaron os indicadores son os miradoiros de Cabo da Area, Santa Rosa, o Faro de Laxe e o cemiterio. O...

Publicacións Relacionadas