Home A Coruña O Concello de Brión conmemora o 25N cunha performance de Teatro das...

O Concello de Brión conmemora o 25N cunha performance de Teatro das Maniotas

- Anuncio -

A campaña “Brión a prol do bo trato” continúa mañá martes cun obradoiro de autodefensa feminista

Un espectáculo a cargo de Teatro das Maniotas, grupo teatral conformado por 25 alumnos e alumnas do IES de Brión, protagonizou este mediodía a tradicional concentración e lectura do manifesto institucional polo Día internacional para a eliminación da violencia de xénero. Un acto que tivo lugar na praza do concello de Brión dentro da campaña “Brión a prol do bo trato”, organizada dende os Servizos Sociais municipais e que inclúe un obradoiro de autodefensa feminista mañá martes e unha actuación teatral o próximo mes de decembro.

A concelleira de Igualdade, Rosa Romero, foi a encargada de dar lectura ao manifesto institucional contra a violencia de xénero, acompañada nesta ocasión por cinco rapazas do IES de Brión. Acto seguido, un grupo de 25 rapazas e rapaces de Teatro das Maniotas, totalmente vestidos de negro coa excepción duns panos violetas coa lenda “Brión a prol do bo trato” nas súas frontes, realizaron unha espectacular coreografía que foi moi aplaudida polas persoas presentes no acto, presidido polo alcalde, Pablo Lago Sanmartín, e ao que asistiron tamén concelleiros dos grupos municipais do PSOE e BNG.

Resto da programación

Mañá martes 26 de novembro, de 18:45 a 20:45 horas, terá lugar un “Obradoiro de autodefensa feminista”, dirixido a mulleres e persoas non binarias de Brión. Nel, Cristy Tojo, campioa de Europa de parakarate, aprenderalles técnicas físicas e mentais para afrontar situacións de violencia machista e que poden ser empregadas por mulleres de todas as idades.

Finalmente, para o sábado 14 de decembro queda a posta en escena da obra de teatro “Bravas”, de Isabel Risco e dirixida por Fran Rei. Unha actuación dirixida a un público adulto que terá lugar no centro social polivalente ás 20:00 horas. As entradas poden reservarse gratuitamente en billeteira.concellodebrion.gal. “Bravas” é o segundo espectáculo unipersonal de Isabel Risco no que ofrece a súa visión da historia das mulleres galegas, unha historia roubada, agochada e invisibilizada. Unha actuación organizada polo Concello de Brión en colaboración coa Rede Cultural 2024 da Deputación da Coruña.

Relacionadas

A Pobra érguese contra as violencias machistas polo 25-N

0
Física, psicolóxica, sexual, económica, social, dixital... o feminicidio. Todas elas son violencias exercidas contra as mulleres e A Pobra do Caramiñal quixo erguerse contra...

Clausura do obradoiro Tahume IX no que se formaron a 20 persoas Ribeira, 25...

0
Hoxe tivo lugar o acto de clausura do obradoiro Tahume IX que contou ca delegada da Xunta, Belén do Campo, o alcalde de Ribeira,...

Aprobado inicialmente o regulamento para activar o Consello da Memoria Democrática do Concello de...

0
O Pleno do Concello de Neda deu luz verde inicial, por unanimidade, na reunión ordinaria deste mediodía, ao regulamento do Consello da Memoria Democrática...

Os nenos e nenas do CPI Antonio Orza Couto elaboraron unhas ás pola paz...

0
O polideportivo municipal de Boqueixón acolleu este mediodía un acto conmemorativo do Día Internacional pola Eliminación da Violencia de Xénero no que participaron uns...

Ribeira honra cunha oliveira o 25N e descobre unha placa en lembranza de Andrea...

0
Hoxe estase a celebrar en Ribeira unha variedade de actos polo Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, a xornada abriuse cun acto institucional...

Neda activa a campaña divulgativa “Estamos aquí”, protagonizada por profesionais que atenden e acompañan...

0
Coincidindo co 25N, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, o Concello de Neda poñía en marcha a campaña divulgativa “Estamos aquí”....

Publicacións Relacionadas