Home A Coruña O Concello de Brión ofrece unha recepción institucional ás técnicas municipais de...

O Concello de Brión ofrece unha recepción institucional ás técnicas municipais de Brión e Nigrán que cooperaron en Cabo Verde

- Anuncio -

Lola Landeira e Carla Pérez compartiron a súa experiencia apoiando o desenvolvemento local a través do programa Especialistas en Cooperar

O Concello de Brión ofreceu unha recepción institucional ás dúas técnicas municipais que durante o mes de agosto prestaron asistencia técnica en Cabo Verde a través do programa Especialistas en Cooperar, impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. O rexedor brionés, Pablo Lago, e o presidente do Fondo Galego e alcalde de Nigrán, Juan González, puxeron en valor a colaboración que persoal de ambos os dous concellos prestou no municipio de Tarrafal, co fin de promover un desenvolvemento económico local sustentable e participativo.

Pablo Lago puxo en valor que “os concellos de Brión e Nigrán somos socios fundadores do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade” e destacou a importancia da colaboración entre municipios a todos os niveis, agardando que a iniciativa deste verán “permita impulsar un desenvolvemento económico sustentable e participativo no municipio de Tarrafal”.

Pola súa banda, Juan González salientou que xa son 115 os socios do Fondo Galego, incluídas as catro deputacións provincias tras a recente inclusión da Deputación de Ourense. Ademais, destacou o traballo de “dúas técnicas supercomprometidas, Lola e Carla, que daba a sensación de que levaban toda a vida traballando en Tarrafal toda a vida e de aí saíron un montón de iniciativas, algunhas delas xa están en marcha ou están aprobadas, e deixaron aberto un camiño aberto”.

Colaboración en Cabo Verde

A axente de emprego e desenvolvemento local de Brión, Lola Landeira, e a xefa de brigada de incendios nigranesa, Carla Pérez, presentaron a súa experiencia de cooperación técnica no país africano, que lles permitiu identificar as necesidades e potencialidades da zona en contacto directo coa poboación local. Esta diagnose será o punto de partida para un programa a catro anos financiado pola Agencia Española de Cooperación Internacional al Desarrollo (AECID), a través da Confederación de Fondos de Cooperación y Solidaridad.

“Para coñecer o territorio percorremos centos de quilómetros, tanto en coche como a pé, e entrevistámonos con máis de sesenta persoas, desde representantes políticos e dirixentes de organizacións ata a propia veciñanza, que é a que mellor coñece as necesidades e como se debería mellorar a xestión no sector agrícola e medioambiental, tendo en conta o enfoque de xénero”, explicou Lola Landeira. Tamén Carla Pérez destacou “esa parte social, na que a poboación mostra empatía polos problemas compartidos, algúns tan básicos como a escaseza de auga, que nalgúns casos se poden solucionar con pequenas actuacións que mesmo contribuirían a fixar a poboación”, accións que o Fondo Galego xa está a estudar.

Tras o acto institucional, que tamén contou coa presenza da concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Rosa Romero, as dúas traballadoras municipais participaron na xornada de avaliación de Especialistas en Cooperar, onde se tiraron aprendizaxes para a cuarta edición do programa, na que animaron a participar, e para seguir apoiando a Tarrafal.

Relacionadas

Incendio nun transformador eléctrico no soto do concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira participaron este mediodía nun operativo provocado polo incendio nun transformador eléctrico situado no soto da casa consistorial...

Belén do Campo visita as actuacións de revalorización do Castro de Montes Claros realizadas...

0
A delegada destacou que a última intervención supuxo un investimento de 10.300 euros que se uniu ao realizado polo concello da Laracha para poñer...

Compostela Cultura presenta nova temporada escénica con 33 espectáculos de teatro, danza e circo

0
A programación para o primeiro semestre de 2025 presenta tres focos temáticos que dirixen a atención cara á compañía Teatro do Noroeste, cara ao...

A modernización da imaxe e a creación de novos servizos reforzan a aposta do...

0
O Concello, coa colaboración da Consellería e Economía, investiu 35.000 euros na mellora dos postos e na adecuación e creación de servizos coma unha...

Comeza un novo obradoiro de emprego que permite a contratación de 20 veciños en...

0
No día de hoxe deu comezo un novo obradoiro de emprego no que se realizarán distintos traballos de creación de mobiliario urbano e actuacións...

A cerimonia de acendido das luces abre este xoves a programación do Nadal na...

0
O acto terá lugar na praza de María Pita desde as 17.00 horas, coas actuacións de Peter Punk e Los Alcántara Este xoves comezará a...

Publicacións Relacionadas