Home A Coruña O Concello de Brión reformará o parque infantil do Inxerido, que se...

O Concello de Brión reformará o parque infantil do Inxerido, que se converterá no primeiro cuberto do municipio

- Anuncio -

O Pleno gardou un minuto de silencio en sinal de loito e mostra de solidariedade coas familias e amizades das vítimas do naufraxio do pesqueiro Vila de Pitanxo

O Concello de Brión xa ten elaborado o proxecto para a reforma e cubrición do parque infantil do Inxerido, que se converterá non primeiro parque infantil cuberto do municipio “pero que non será o último”, como tal e como explicou a concelleira de Cultura, Sandy Cebral, no Pleno ordinario de febreiro celebrado esta mañá. Unha actuación orzamentada en case 50.000 euros e para a que o Concello de Brión xa ten solicitada unha subvención á Xunta ao abeiro da Orde de Infraestruturas de Uso Público.

A preguntas da oposición, a concelleira sinalou que “dende o Concello encargamos un informe técnico do estado actual de todos os parques infantís do municipio, no que se recollan propostas de mellora. Ao tratarse dunha área no que calquera actuación ten un custe moi elevado, estamos elaborando proxectos e buscando financiación para os mesmos. No caso do Inxerido, agardamos que a Xunta poña uns 40.000 euros e o Concello poría a diferenza”. Neste sentido, o alcalde de Brión, Pablo Lago, confirmou “nos Orzamentos de 2022 haberá unha partida municipal para melloras nos parques infantís”.

Policía Local

A parte dispositiva da sesión plenaria despachouse rápido, pois todos os puntos foron aprobados por unanimidade e sen debate ningún. Así, o Pleno acordou delegar na Axencia Galega de Seguridade Pública toda a tramitación para proveer ao Concello de Brión dun novo axente de Policía Local, incrementando a plantilla de 3 a 4 axentes.

Tamén se aprobou un recoñecemento extraxudicial de crédito de 107.095,9 euros para o pago de servizos prestados en decembro de 2021 pero cuxas facturas entraron no Rexistro Municipal en xaneiro ou febreiro de 2022, na súa maioría por consumo de enerxía eléctrica. Así mesmo, deuse conta de que o período medio de pago do cuarto trimestre de 2021 foi de 13,78 días.

Mocións

As tres mocións presentadas polo grupo municipal do BNG foron aprobadas, dúas por unanimidade e unha terceira coa abstención do PP. A primeira moción insta á Presidencia da Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza a convocar unha asemblea xeral na que se debatan: solicitar a colaboración da Deputación da Coruña para facer un estudo de viabilidade sobre a actual situación financeira da Mancomunidade, a petición dunha subvención para adquirir unha pala volteadora así como pedir os medios técnicos precisos para elaborar os pregos de condicións de cara a unha nova licitación de cara á próxima caducidade do contrato da empresa adxudicataria.

O alcalde de Brión xustificou o apoio do seu grupo á moción en que “falamos co presidente da Mancomunidade e xa nos informou de que esa asemblea vai ser convocada nunha ou dúas semanas e que estes puntos van ser tratados. E van ser tratados porque xa houbo contactos entre a Mancomunidade e a Deputación, polo que imos apoiar o traballo que desenvolveron os representantes socialistas en ambas institucións”.

O Pleno tamén acordou que febreiro sexa a partir de agora “o mes de Rosalía”, toda vez que “na práctica é o que levamos facendo nos últimos anos, cunha programación que nunca se limitou á celebración do Día de Rosalía. Se queredes chamarlle oficialmente Mes de Rosalía, por nós non hai problema xa que é o que xa estabamos facendo”, explicou a concelleira de Cultura.

Finalmente, o pleno aprobou unha moción do BNG de apoio ás mobilizacións feministas do 8 de marzo e demanda de cumprimento de compromisos pendentes por parte da Xunta de Galicia. A voceira do PP, María Fariña Bellón, xustificou a abstención do seu grupo en que a lei 7/2004 que o BNG pide adaptar ao século XXI “xa está derogada” e que o resto de medidas “se están intentando implantar. Hai avances pero isto non é algo que se faga dun día para outro”.

A sesión comezou cun minuto de silencio en sinal de loito e mostra de solidariedade coas familias e amizades das vítimas do naufraxio do pesqueiro Vila de Pitanxo.

Relacionadas

Inés Rey, na celebración do ascenso do Dépor ABANCA: “Hoxe o orgullo da Coruña...

0
A alcaldesa recibiu ao equipo en María Pita, onde a afección celebrou o triunfo desde a praza A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu esta...

Cores suma seis novas liñas de autobús e nove servizos de luns a venres,...

0
 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade incorporou a parada nesta parroquia, que tamén contará con tres servizos os sábados e cinco domingos e...

Charlín lamenta que a oposición trate de enganar á veciñanza e sinala que as...

0
• O alcalde laxense lamentou as acusacións vertidas desde o BNG de maneira “completamente inxustificada, sen probas e con datos falsos e desactualizados” • “Os...

As brigadas medioambientais municipais actúan no Castro de Montes Claros

0
Nos espazos que foron obxecto de escavacións intervirase baixo supervisión arqueolóxica. O Concello continúa levando a cabo actuacións que teñen por obxectivo conservar e poñer...

O Concello comeza este mércores os traballos de mellora dun camiño rural en Brañas...

0
· Por mor das obras, permanecerá cortada ao tráfico rodado a vía que une a Grela con Tasaraño. O Concello de Camariñas dará comezo este...

Concerto da arxentina Guada o sábado na Fábrica

0
O Festival Elas son Artistas chega este sábado a Oleiros cun concerto da artista arxentina Guada, no centro cultural A Fábrica, ás 20:30 horas....

Publicacións Relacionadas