HomeA CoruñaO Concello de Camariñas concede 56 axudas dentro do plan de reactivación...

O Concello de Camariñas concede 56 axudas dentro do plan de reactivación para autónomos e microempresas

- Anuncio -spot_img

Repartiuse o 100% do orzamento destinado para este fin, que era de 102.500 euros.
Ata o 10 de febreiro poden presentarse renuncias, alegacións ou emendas e os beneficiarios deben xustificar os gastos subvencionables antes do 31 de marzo.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe a resolución do plan de axudas do Concello de Camariñas dirixido aos autónomos e microempresas que sufriron as consecuencias da declaración do Estado de Alarma, e do que se beneficiarán un total de 56 empresas do municipio.

Os adxudicatarios deste plan de axudas, cofinanciado pola Deputación da Coruña a través do PEL-Reactiva, recibirán entre 1.500 e 3.000 euros segundo a puntuación concedida. Así, repartirase o 100% do orzamento destinado para este fin, que era de 102.500 euros.

Agora, tal e como se recollía nas bases reguladoras, cada beneficiario deberá xustificar os gastos subvencionables antes do 31 de marzo. Posteriormente a esta data procederase á resolución final e ao abono do importe da cantidade concedida. Antes, e ata o 10 de febreiro, poderase presentar renuncias, alegacións ou emendas á concesión provisional.

Un dos requisitos para poder xustificar esta axuda é o de estar de alta ata o 31 de marzo de 2021, por conta propia ou no Réxime Especial de Traballadores Autónomos, ou ter rexistrada a empresa, mantendo a mesma forma xurídica anterior ao Estado de Alarma. Desde o Concello de Camariñas recoméndase que, se algunha empresa non o vai cumprir, pode renunciar á súa subvención para que outras poidan beneficiarse.
Os gastos subvencionables son a compra de material desinfectante e de limpeza, seguros, suministros (auga, luz, electricidade, combustible…), adquisición de mamparas, arrendamentos de locais, vehículos, maquinaria… Terá que xustificarse que están realizados desde o 1 de marzo ao 31 de decembro de 2020 con facturas e comprobantes de pago.

O procedemento de xustificación destas axudas será publicado na web municipal www.camarinas.net xunto coa concesión definitiva das axudas. Para máis información pode chamarse ao teléfono da Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas: 981 736 000.

Publicacións Relacionadas