O Centro de Saúde de Carballo, a través do seu servizo de dietista-nutricionista, pon en marcha o programa formativo “Coida da túa saúde”, unha iniciativa dirixida á veciñanza co obxectivo de promover hábitos de vida saudables a través da alimentación.
O ciclo desenvolverase ao longo do mes de abril con tres sesións temáticas nas que se abordarán aspectos clave da nutrición no día a día:
- 10 de abril: Peso saudable: aprende a elixir o que che senta ben (sen pasar fame)
- 17 de abril: Alimentación en diabetes no día a día
- 24 de abril: O ABC da alimentación cardiovascular
As sesións terán lugar os venres en horario de 12:20 a 13:30 horas, e o punto de encontro será a entrada do centro de saúde de Carballo (posto da ONCE).
A participación require inscrición previa no mostrador do propio centro de saúde.
Esta actividade está organizada polo Servizo Galego de Saúde, dentro da Área Sanitaria da Coruña e Cee, e conta coa colaboración do Concello de Carballo.
O obxectivo deste programa é achegar coñecementos prácticos á cidadanía que permitan mellorar a súa saúde e benestar a través dunha alimentación equilibrada e adaptada ás súas necesidades.



