O 18 de outubro celébrase o Día Mundial da Menopausia, unha data establecida pola Sociedade Internacional da Menopausia e a Organización Mundial da Saúde para axudar a crear conciencia sobre a necesidade de prestar atención á saúde das mulleres e previr as enfermidades máis frecuentes nesta etapa da súa vida. Segundo a OMS, dentro de trinta anos haberá máis de 1.000 millóns de mulleres maiores de cincuenta anos, o triplo que no 1990.
O Concello de Carballo e o equipo multidisciplinar do centro de saúde que imparte os talleres sobre menopausia veñen colaborando para achegar información ás mulleres. Nesa liña de cooperación enmárcase a charla coloquio Coidemos o solo pelviano na menopausia, que se vai levar a cabo este venres 17, ás 19.00 horas, na Biblioteca Rego da Balsa.
A entrada é libre e de balde ata completar a capacidade do auditorio.