HomeA CoruñaO Concello de Carral convoca a 24ª edición do Certame de Poesía

O Concello de Carral convoca a 24ª edición do Certame de Poesía

- Anuncio -spot_img

O prazo para a presentación dos orixinais estará aberto ata o 31 de marzo.
Poderán optar ao premio todos os autores/as maiores de idade, sempre que o seu traballo se presente escrito en lingua galega.

O Concello de Carral, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade, convoca a 24ª edición do Concurso de Poesía, que contará cun premio único de 2.500€ e a publicación do título gañador por parte da editorial Espiral Maior.

Poderán participar autores e autoras sempre que sexan maiores de idade e que non gañaran o certame nos últimos dez anos.

O prazo para presentar as obras, que terán que ser orixinais, inéditas, non ter sido premiadas noutros concursos e ter unha extensión mínima de 500 versos, estará aberto ata o 31 de marzo.

Os traballos presentaranse na Casa da Cultura do Concello de Carral e, ante calquera dúbida, poderase chamar ao 981 672 580 ou enviar un correo electrónico a cultura@carral.es.

A decisión do xurado, que estará presidido polo alcalde de Carral ou un concelleiro ou concelleira na que delegue e formado por dúas persoas de recoñecido prestixio no mundo da poesía galega e o autor gañador do ano pasado, coñecerase a primeira quincena de maio e o premio entregarase o día 28 do mesmo mes.

Pódense consultar as bases do concurso na seguinte ligazón: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2021/01/27/2021_0000000460.pdf

Publicacións Relacionadas