O concello de Carral conta con un centro de saúde construido no ano 1989, no que o propio Concello está asumindo o mantemento e a conservación: reparación, iluminación , fontanería, pintura, electricidade, calefacción, mantemento de cuberta, limpeza do centro , luz, auga, xardinería . Dende o Concello de Carral , comunicaráselle estes días ao Conselleiro de Sanidade que a partires do 31 de decembro de 2025 o Concello non asumirá o mantemento dos servizos sinalados, os cales serán dados de baixa con anterioridade.
Dende hai anos a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) chegou a acordos coa Consellería de Sanidade para a asunción por parte de esta da xestión dos servizos de varios centros de saúde de distintos Concellos entre o que se atopa Carral .
O 2 de agosto do ano 2022 o concello de Carral enviou á consellería de sanidade a través do sistema de Interconexión de Rexistros (SIR) toda a documentación necesaria para poder asumir o centro.
Dende esa data foron multiples as peticións feitas por parte de este Concello para que a Xunta cumprise con esta obriga, e nunca se fixo nada neste sentido.
No ano 2025, a través de diferentes correos e escritos, 24 de abril, 13 de Maio, 30 de Maio , 14 de xullo , e 16 de xuño , solicitiuse o Conselleiro de sanidade poder manter reunión con él para abordar este tema así como tratar a urxente necesidade da ampliación do Centro de saúde , posto que o Concello de Carral conta cunha poboación de case 7000 habitantes que se verá incrementada en gran medida nos próximos dous anos , pola habitabilidade das multiples vivendas que , gracias a que coa boa xestión do equipo de Goberno local de Alternativa dos Veciños , conseguiuse reactivar as obras dos esqueletos urbanisticos.
Pese a nosa insistencia, ningunha das nosas peticións obtivo resposta por parte da Consellería de Sanidade.
O concello de Carral non ten porque asumir un coste que non lle corresponde e que influe nas arcas municipais e dos nosos veciños, cando é unha obligación e responsabilidade unica e exclusiva da Xunta.
Instamos a Xunta, a Consellería de sanidade e o Conselleiro que a representa a que, asuman as súas obrigas e a que leven a cabo a asunción do mantemento do centro de saude, á ampliación do mesmo así como a ampliación dos servizos e atencións que nel se prestan.