Home A Coruña O Concello de Cerdido vai renovar a máquina de deshumidificación da piscina...

O Concello de Cerdido vai renovar a máquina de deshumidificación da piscina de O Castro

- Anuncio -

• As instalacións pecharon o pasado xoves, día 15 de setembro, para iniciar as labores de substitución

• Agárdase que poda reabrirse ao público no primeiro trimestre de 2023

O Concello de Cerdido vai renovar a máquina de deshumidificación da piscina da área recreativa de O Castro.

As instalacións municipais pecharon ao público o pasado xoves, 15 de setembro, para proceder a iniciar as labores de substitución. Ademais, aproveitando a renovación, procederase a realizar outras tarefas de mantemento e limpeza.

O alcalde, Benigno Galego, quixo incidir en que “é unha labor de renovación bastante complexa debido a que a piscina se atopa no medio do castro. Por este motivo requírese un proceso un pouco máis longo de entrega de documentación e permisos”.

Trátase dunha importante obra civil que conleva, dadas as dimensións da máquina, a retirada da estructura das placas solares e parte do tellado das instalacións, o que require de autorizacións por parte de Patrimonio por atoparse na dita zona.

Galego engadiu que “imos aproveitar este parón na piscina para proceder a realizar diferentes tarefas de mantemento e limpeza, para que cando a nova maquinaria esté lista as instalacións xa se atopen en estado óptimo para o seu uso”.
“Agardamos que a nova máquina de deshumidificación esté instalada e en funcionamento ao longo do primeiro trimestre do 2023, ofrecendo á nosa veciñanza unha instalación mellorada que ofreza un servizo de primeiro nivel” rematou o rexedor.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas