Home A Coruña O Concello de Cerdido vén de mellorar as instalacións do C.E.I.P. A...

O Concello de Cerdido vén de mellorar as instalacións do C.E.I.P. A Barqueira despois de realizar tarefas de mantemento e pintar varias estancias do centro

- Anuncio -

• O investimento nos rondou os 10.000 euros

O Concello de Cerdido vén de realizar varias tarefas de mantemento e pintar varias aulas e estancias do centro de ensinanza do municipio, o C.E.I.P. A Barqueira.

A execución consistiu na renovación e pintura da entrada ao recinto, varios pasillos e aulas, así como tamén substitución do solo en varias estancias colocando tarima flotante. Ademais, tamén se levaron a cabo diversas tarefas de mantemento e limpeza na instalación.

A execución, entre os traballos de pintura e carpintería, supuxo un investimento de arredor de 10.000 euros para as arcas municipais.
Así mesmo, na visita que realizou o xefe territorial de Educación da Xunta de Galicia, Indalecio Cabana, ao centro de ensinanza durante o mes de agosto, comprometeuse a pintar a fachada do edificio, reformar e renovar o patio interior do colexio e os aseos do mesmo antes do remate de 2022.

O rexedor local Benigno Galego, quixo destacar que “estas obras redundan no beneficio do alumnado do C.E.I.P. A Barqueira, adecuando as súas instalacións, co fin de que podan estudar nas mellores condicións posibles”
“Desde o noso equipo de goberno apostamos por investir na educación da nosa veciñanza, facilitando na medida do posible a súa formación de cara ao futuro” engadiu Galego.
“No caso de que a delegada territorial cumpra a súa palabra, a comezos do vindeiro 2023, teremos unhas instalacións melloradas e actualizadas a estos tempos, que sen dúbida repercutirán nunha boa educación para as crianzas do municipio” concluíu o alcalde.

Relacionadas

Inés Rey, na celebración do ascenso do Dépor ABANCA: “Hoxe o orgullo da Coruña...

0
A alcaldesa recibiu ao equipo en María Pita, onde a afección celebrou o triunfo desde a praza A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu esta...

Cores suma seis novas liñas de autobús e nove servizos de luns a venres,...

0
 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade incorporou a parada nesta parroquia, que tamén contará con tres servizos os sábados e cinco domingos e...

Charlín lamenta que a oposición trate de enganar á veciñanza e sinala que as...

0
• O alcalde laxense lamentou as acusacións vertidas desde o BNG de maneira “completamente inxustificada, sen probas e con datos falsos e desactualizados” • “Os...

As brigadas medioambientais municipais actúan no Castro de Montes Claros

0
Nos espazos que foron obxecto de escavacións intervirase baixo supervisión arqueolóxica. O Concello continúa levando a cabo actuacións que teñen por obxectivo conservar e poñer...

O Concello comeza este mércores os traballos de mellora dun camiño rural en Brañas...

0
· Por mor das obras, permanecerá cortada ao tráfico rodado a vía que une a Grela con Tasaraño. O Concello de Camariñas dará comezo este...

Concerto da arxentina Guada o sábado na Fábrica

0
O Festival Elas son Artistas chega este sábado a Oleiros cun concerto da artista arxentina Guada, no centro cultural A Fábrica, ás 20:30 horas....

Publicacións Relacionadas