Dezasete veciños/as poderán asistir a unha representación de Hamlet en Compostela aboando unicamente os 5 euros da entrada
Sobes ao autobús do teatro?
O Centro Dramático Galego pon a disposición do Concello de Fene 17 prazas de autobús para asistir a unha representación da obra Hamlet no Salón Teatro de Santiago. A cita para os/as veciños/as do noso concello será o venres 27 de marzo, con saída ás 15.45 horas da Avda. do Concello e retorno aproximado sobre as 20.15/20.30 horas. O comezo da función está previsto para as 18.00 horas e o prezo da entrada ascende a 5 euros (autobús de balde).
As persoas interesadas poderán reservar a praza ata o día 23 de marzo enviando un correo electrónico a cultura.deportes@fene.gal ou no teléfono 981 340 366, indicando nome, apelidos e número de teléfono de contacto.
Un elenco de 16 actrices e actores galegos asumen a actualización do clásico universal de Shakespeare, firmada polo propio Asorey e pola dramaturga Vanesa Sotelo, nunha montaxe de gran formato que terá a súa estrea o vindeiro 19 de marzo no Salón Teatro de Compostela. O actor vigués Alejandro Jato encarnará o personaxe de Hamlet, o príncipe de Dinamarca sobre o que xira esta historia de traxedia, vinganza e violencia, acompañado de Sergio Abelaira, Cristina Andrade, Belén Constenla, Raquel Espada, Isabel Garrido, César Goldi, Marita Martínez, Iolanda Muíños, Anxo Outumuro, Pedro Placer, Adrián Ríos, Machi Salgado, Toni Salgado, Inés Salvado Gontad e Sergio Zearreta.



