Home A Coruña O Concello de Fene denuncia novos actos vandálicos nas pistas de atletismo...

O Concello de Fene denuncia novos actos vandálicos nas pistas de atletismo de Barallobre

- Anuncio -

O Concello fai un chamamento ao civismo e retirará as casetas danadas, que veñen sufrindo varios ataques nos últimos meses

O Concello de Fene vese na obriga de retirar as casetas situadas nas pistas de atletismo de Barallobre debido aos reiterados actos vandálicos que levan sufrindo nos últimos meses. A estrutura apareceu novamente co mobiliario esnaquizado, malia que xa foran denunciados ataques anteriores.

O concelleiro de deportes, Adán Chao, visitou as instalacións para facer unha valoraicón e lamentou a situación, subliñando que “estes actos vandálicos non só deterioran un espazo público pensado para uso e desfrute da veciñanza, senón que tamén supoñen un custo adicional para o concello”. O edil explicou que, ante a imposibilidade de garantir a súa seguridade, “vémonos na obriga de proceder á súa retirada para evitar máis danos”.

O Concello de Fene reitera o seu compromiso co mantemento das instalacións deportivas municipais e fai un chamamento ao civismo para preservar os espazos públicos.

Relacionadas

O Concello inicia as obras dunha promoción de 50 vivendas para alugueiro social en...

0
A alcaldesa, Inés Rey, apuntou á importancia desta intervención “nun contexto no que os custos da vivenda, tanto en propiedade como en réxime de...

Judeline, Edurne, Nia, Merche e Paula Koops, primeiras confirmacións do Atlantic Pride 2025

0
O festival gratuíto e inclusivo celebrarase na Coruña entre o 6 e o 13 de xullo O Atlantic Pride quenta xa motores para a súa...

Ozuna actuará en exclusiva na Coruña como cabeza de cartel do Morriña Fest 2025

0
Os abonos sairán á venda este xoves 6 ás 13.00 horas O Morriña Festival 2025 suma un novo gran nome ao seu impresionante cartel: Ozuna....

Camariñas celebrará cinco días de Entroido por todas as parroquias

0
● O Concello publicou a programación de actos para o Entroido, que inclúe opción para todos os gustos e idades. ● O 2 de marzo...

O Concello pon en marcha os traballos de reconstrución da duna de Riazor tras...

0
Está previsto que a estrutura de area que protexe o Paseo Marítimo estea reparada esta semana O Concello comezou esta semana os traballos de reparación...

O Concello organiza formacións de prevención de caídas para persoas maiores

0
O Concello vai organizar ao longo das diversas semanas unha formación para prevención de caídas dirixida ás persoas maiores de 65 que participan nas...

Publicacións Relacionadas