Home A Coruña O Concello de Fene licita en 172.000 euros as obras de reurbanización...

O Concello de Fene licita en 172.000 euros as obras de reurbanización da rúa Antonia Montero

- Anuncio -

As empresas teñen até o 25 de maio para presentaren as súas ofertas

O Concello de Fene ten aberto até o 25 de maio o prazo de recepción de propostas técnicas e económicas para acometer as obras de reurbanización da rúa Antonia Montero, en Perlío. O contrato sae a licitación pública por importe de 172.166,31 euros, ive incluído, e un prazo de execución máximo de catro meses. A obra, financiada con cargo ao POS+ provincial, consistirá na renovación do firme e dos servizos soterrados, ademais de contemplar a reordenación do tráfico no que é o principal acceso á estación do ferrocarril desde Marqués de Figueroa.

A primeira parte dos traballos centrarase na modernización da rede de saneamento e de evacuación de pluviais, así como das canalizacións da iluminación pública e das liñas de telecomunicacións.

Posteriormente todo o trazado, duns 160 metros de lonxitude, levará firme aglomerado, novas beirarrúas con sobreancho que asegure a accesibilidade por parte de persoas con mobilidade reducida e, por último, a sinalización horizontal e vertical.

O deseño recolle a reordenación dos sentidos de circulación, posto que a entrada a Antonia Montero, unha vez finalizadas as obras, farase pola rúa Ameneiral e pola rúa da Paz. Coa configuración prevista, a rúa disporá de dous carrís para entrar e saír da estación e un único sentido para volver a Marqués de Figueroa, flanqueado en ambas marxes por espazo de aparcamento.

As empresas teñen ata o próximo 25 de maio para presentar as súas ofertas económicas, sobre un prazo de execución máximo de 4 meses. Toda a documentación técnica e administrativa pode obterse na Plataforma de contratación co Sector Público do Concello de Fene.

Relacionadas

O concello mellora a estrada no núcleo de A Fontaíña, en Lemaio

0
O proxecto supera os 86.000 euros de investimento. O núcleo de A Fontaíña, na parroquia de Lemaio, está a ser obxecto dun proxecto promovido polo...

Mercedes Rosón sobre a operación Peleteiro: “BNG e CA deben asumir a súa responsabilidade...

0
Lembra que en febreiro do 2023 toda a oposición bloqueou o proxecto do goberno socialista para a rehabilitación da parcela do antigo Peleteiro “Hoxe a...

A Festa da Filloa de Lestedo obtén o título de Festa de Interese Turístico...

0
A Secretaría de Estado de Turismo vén de remitir a resolución favorable á devandita declaración que converte a esta celebración na terceira da provincia...

A praia da Corna volve ser escenario dunha nova xornada de retirada de lixo

0
O Concello da Pobra do Caramiñal convoca unha nova xornada de limpeza de areais que se concentrará na Corna. Terá lugar no domingo 21,...

O Concello acometerá traballos de mellora do firme en nove rúas da cidade

0
As obras arrancarán nas próximas semanas e levaranse a cabo na rúa da Presa, rúa do Campo de Santa Isabel, rúa de Vite de...

Aberto o prazo de inscrición da Baixada Popular de Cross de San Pedro de...

0
Aberto o prazo de inscrición da Baixada Popular de  Cross de San Pedro de Visma, terceira proba do  circuíto Coruña Corre  As persoas interesadas en...

Publicacións Relacionadas