Home A Coruña O Concello de Frades abre inscricións no concurso de disfraces de Entroido,...

O Concello de Frades abre inscricións no concurso de disfraces de Entroido, que repartirá 1.200 euros en premios o domingo 2 de marzo

- Anuncio -

As inscricións poden realizarse no Concello ata o 28 de febreiro

Un ano máis, o Concello de Frades abre o prazo para inscribirse no seu tradicional concurso de disfraces, que se celebrará o domingo 2 de marzo no pavillón municipal de Ponte Carreira, a partir das 17:00 horas. A participación está aberta a persoas de todas as idades e as inscricións poden realizarse ata o 28 de febreiro ás 13:00 horas no Concello, tanto de xeito presencial como telemático. Repartiranse un total de 1.205 euros en premios. As persoas participantes poderán recoller os seus dorsais no propio pavillón de Ponte Carreira o día do concurso a partir das 16:30 horas.

O concurso conta con dúas categorías: infantil (ata 14 anos) e adultos (máis de 14 anos); e dúas modalidades en cada unha: individual (1 ou 2 compoñentes) e grupos (máis de dous compoñentes).

Na categoría infantil outorgaranse premios de 60 e 30 euros para os dous mellores disfraces individuais, e de 10, 60 e 30 para os tres mellores grupos. Pola súa banda, na categoría de adultos, a modalidade individual contará con dous premios de 100 e 50 euros, mentres que a de grupo terá un primeiro premio de 300 euros, un segundo de 150, e un terceiro de 75.

Como en anos anteriores, tamén haberá premios especiais aos mellores disfraces individuais ou grupos de Frades de 125, 75 e 50 euros para aqueles que non foran premiados noutra categoría. Ademais, ao longo da tarde, haberá unha gran festa de animación con xogos, inchables, mascotas, música, obradoiros para toda a familia, fotomatón e unha chocolatada con rosca.

Relacionadas

Presentación da exposición no C.C. Lustres Rivas do “XVIII Premio Internacional Jesús Núñez de...

0
Hoxe presentouse a exposición do “XVIII Premio Internacional Jesús Núñez” coa presenza da concelleira de Cultura, Antía Alberte, a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla...

21 carballesas protagonizan a exposición “Mulleres guerrilleiras: investigadoras de Carballo”

0
A mostra poderá visitarse desde o 8 de febreiro ata o 8 de marzo na rúa Coruña O sábado 8 de febreiro ás 12.00 horas...

O Concello inicia as obras dunha promoción de 50 vivendas para alugueiro social en...

0
A alcaldesa, Inés Rey, apuntou á importancia desta intervención “nun contexto no que os custos da vivenda, tanto en propiedade como en réxime de...

Judeline, Edurne, Nia, Merche e Paula Koops, primeiras confirmacións do Atlantic Pride 2025

0
O festival gratuíto e inclusivo celebrarase na Coruña entre o 6 e o 13 de xullo O Atlantic Pride quenta xa motores para a súa...

Ozuna actuará en exclusiva na Coruña como cabeza de cartel do Morriña Fest 2025

0
Os abonos sairán á venda este xoves 6 ás 13.00 horas O Morriña Festival 2025 suma un novo gran nome ao seu impresionante cartel: Ozuna....

Camariñas celebrará cinco días de Entroido por todas as parroquias

0
● O Concello publicou a programación de actos para o Entroido, que inclúe opción para todos os gustos e idades. ● O 2 de marzo...

Publicacións Relacionadas