Home A Coruña O Concello de Frades e a Farmacia Ortopedia Pájaro Lago entregan os...

O Concello de Frades e a Farmacia Ortopedia Pájaro Lago entregan os primeiros empréstitos de axudas técnicas a veciños/as do municipio

- Anuncio -

Poden optar a estas axudas as persoas cunha discapacidade ou dependencia recoñecida e cuns ingresos inferiores ao 150% do IPREM

O Concello de Frades vén facer entrega dos primeiros empréstitos de axudas técnicas para a mobilidade a veciños e veciñas do municipio cunha discapacidade ou dependencia recoñecida e uns ingresos inferiores ao 150% do IPREM. O concelleiro de Sanidade, Manuel Ferreiro Marzoa, desprazouse ata a empresa concesionaria deste servizo, a Farmacia Ortopedia Pájaro Lago (Ordes), para supervisar a entrega das primeiras axudas técnicas, entre as que figuran camas articuladas, cadeiras de rodas, andadores e guindastres para levantar ou pousar ás persoas.

Ferreiro Marzoa amosou a súa satisfacción coa posta en marcha deste novo servizo xa que “a resposta está sendo moi positiva, tanto por parte das persoas beneficiarias que temos na actualidade como por parte da empresa concesionaria, que ademais é unha firma desta comarca. Un servizo que, xunto co Bono-Taxi, son as dúas novidades deste ano 2022 e que se unen a outros servizos xa existentes como o servizo de axuda no fogar, o de teleasistencia, podoloxía, fisioterapia ou perruquería a domicilio”.

O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, explica que “o obxectivo deste novo servizo é mellorar o benestar físico, persoal e social destas persoas que non dispoñen dos recursos económicos necesarios para acadar unha maior autonomía persoal. O que buscamos é facilitarlles un pouco o seu día a día tanto a elas como as persoas coidadoras”. Un servizo que se une ao de servizo de axuda no fogar, teleasistencia, podoloxía, fisioterapia, bono-taxi ou perruquería a domicilio que xa oferta o concello fradense.

Requisitos

Con este novo servizo de axudas técnicas, o Concello de Frades busca mellorar o benestar físico, persoal e social dos veciños e veciñas do municipio que non dispoñan dos recursos económicos necesarios para acadar unha maior autonomía persoal e facilitarlles deste xeito o seu día a día, tanto a elas como ás persoas que as coidan.

O servizo está aberto a persoas que padezan de limitacións funcionais graves ou que por motivos temporais teñan reducida a súa mobilidade (por un accidente, unha operación…) e precisen de axudas técnicas para mellorar a súa capacidade funcional. Os requisitos son que a persoa estea empadroada en Frades, non teña acceso á prestación de axudas técnicas por ningún outro medio e que a renda per cápita da súa unidade familiar non supere o 150% do IPREM. O servizo de préstamo será de 18 meses, salvo casos excepcionais como falecemento ou solicitude de baixa por parte da persoa usuaria, uso indebido da asistencia técnica ou perda dos requisitos de acceso ao servizo.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas