Home A Coruña O Concello de Frades inicia na praza de Ponte Carreira a itinerancia...

O Concello de Frades inicia na praza de Ponte Carreira a itinerancia do Punto Limpo Móbil

- Anuncio -

Ata fin de ano, este servizo achegado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda visitará cando menos unha vez cada unha doce parroquias do municipio para reciclar todo tipo de residuos

O Concello de Frades fai público o calendario coas datas e lugares nos que estará o novo punto limpo móbil que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas entregou a Frades e Mesía. Cada municipio conta cun caixón para a recollida dos refugallos, polo que só restaba decidir as datas e os lugares nos que se emprazarían ata final de ano.

No caso de Frades, o punto limpo móbil está instalado dende hoxe na praza de Ponte Carreira (Gafoi), onde permanecerá ata o vindeiro 10 de maio. Dous días despois, o 12 de maio, estará no aparcadoiro da igrexa de Aiazo e así ata cubrir as doce parroquias do municipio antes de finais de 2022. “O punto limpo estará unha media de doce días en cada parroquia e nos permitirá achegar a reciclaxe á veciñanza e así facilitar unha correcta xestión dos residuos domésticos”, explica Manuel Ferreiro, concelleiro do Medio Rural.

O funcionamento do punto limpo móbil é bastante sinxelo. O camión despraza ao lugar desexado unha plataforma que está dividida en contedores coas diferentes fraccións que se poden reciclar: pequenos electrodomésticos, pilas, papel, vidro… entre outros residuos. O caixón irá rotando por todas as parroquias, algunhas como Gafoi, Aiazo, Moar, Galegos, Frades e Abellá ata en dúas quendas antes de que remate o ano.

Este punto limpo móbil Frades-Mesía é un dos concedidos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda o pasado ano 2021. O Departamento dirixido por Ángeles Vázquez achegou aos concellos de Frades e Mesía unha axuda de case 70.000 euros para a prestación deste servizo mancomunado, que complementará o servizo que presta o punto limpo posto en marcha en Céltigos grazas a unha achega autonómica de 276.000 euros.

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas