A actuación realizouse ao abeiro do Plan Único de Concellos da Deputación da Coruña e mellora a seguridade e accesibilidade da zona
O Concello de Laxe vén de rematar as obras de acondicionamento das vías no lugar de Soesto, unha actuación que permitiu mellorar notablemente o estado da rede viaria nesta zona do municipio.
Os traballos executáronse ao abeiro do Plan Único de Concellos (POS+ 2024) da Deputación da Coruña, e tiveron como obxectivo reforzar a seguridade viaria, facilitar a mobilidade e mellorar as condicións de uso das vías tanto para a veciñanza como para as persoas usuarias.
Desde o Concello destacan que esta intervención responde ás necesidades detectadas na zona e enmárcase na liña de traballo municipal orientada á mellora continua das infraestruturas básicas en todo o termo municipal.
O goberno local agradece á veciñanza a colaboración e comprensión amosadas durante o desenvolvemento das obras e reafirma o seu compromiso de seguir impulsando actuacións que contribúan a unha mellor calidade de vida para todas e todos.



