Home A Coruña O Concello de Lousame abre inscricións no espectáculo “Rock ‘n’ magic” do...

O Concello de Lousame abre inscricións no espectáculo “Rock ‘n’ magic” do Mago Teto para persoas empadroadas no municipio

- Anuncio -

As entradas están dispoñibles dende hoxe en bandoticket.com

O Concello de Lousame abre o prazo de reserva de entradas para o espectáculo “Rock ‘n’ magic”, do Mago Teto, segunda e derradeira sesión do Festimaxia 2024 que terá lugar este sábado 23 de novembro, ás 18:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Lousame. As entradas son de balde e están dispoñibles dende hoxe en bandoticket.com.

Ata as 14:00 horas do xoves 21 de novembro, as entradas estarán reservadas unicamente para persoas empadroadas en Lousame. De quedaren prazas libres, abrirase o espectáculo á participación de persoas doutros municipios. Dende o Concello de Lousame tamén solicitan ás persoas que se anoten, e que finalmente non poidan acudir ao Festimaxia, a que chamen á Casa da Cultura para poder así deixar a súa butaca a outras persoas.

Rock ‘n’ magic

O espectáculo “Rock ‘n’ magic”, dirixido por Fran Rei, é algo máis ca un espectáculo de maxia, é un concerto de rock and roll no que estará acompañado por Fer Risco, na batería, e Mon Orencio, na guitarra. Deste xeito, os veciños e veciñas de Lousame poderán desfrutar dunha actuación onde a maxia do Mago Teto convive con algúns dos clásicos do rock como Led Zeppelin, Bob Dylan ou Los Suaves.

Esta actuación mestura as dúas paixóns do Mago Teto: o rock e a maxia, conformando un espectáculo cargado de ilusión, ritmo, humor e moita, moita tralla. Aparicións sorprendentes, xogos de adiviñación e ilusións máxicas comparten protagonismo coas estrelas do rock, presentes a través dunha banda en directo. Un espectáculo único que está organizado e financiado polo Concello de Lousame e que porá o punto e final ao Festimaxia Lousame 2024.

Relacionadas

Incendio nun domicilio abandonado na rúa Bordel, no concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro participaron ao redor das 15:00 horas desta tarde nun operativo dirixido a sufocar un lume orixinado nunha...

“FolkXove”: os Orzamentos Participativos achegan a mocidade á cultura tradicional

0
O Centro Xove da Almáciga acollerá o próximo sábado, 23 de novembro, a xornada “FolkXove”, unha iniciativa que nace dos Orzamentos Participativos da área...

Semana europea da prevención dos residuos

0
Arrancan nos colexios de Neda as charlas de reciclaxe con motivo da celebración da Semana europea da prevencións dos residuos. O CEIP de Maciñeira...

O Coworking da Pobra recibe a visita de alumado do IES Espiñeira

0
Nova xornada de encontro no Coworking da Pobra con alumnado de centros educativos. Catorce estudantes do ciclo medio de Instalacións de Telecomunicacións do IES...

O programa socioeducativo Espazo nas Escolas chega por terceiro ano consecutivo aos centros públicos...

0
Por terceiro ano consecutivo, o Concello da Pobra do Caramiñal pon en marcha o servizo Espazo nas Escolas coa colaboración da Asociación Socieducativa Antonio...

Diana Cabanas reafirma o “compromiso co talento feminino” do Goberno de Inés Rey

0
A concelleira participou na xornada polo Día Internacional da Muller Emprendedora organizado pola Fundación Mujeres no centro Accede Papagaio A concelleira de Emprego, Comercio e...

Publicacións Relacionadas