Home A Coruña O Concello de Lousame abre o prazo de preinscrición no Verán Activo...

O Concello de Lousame abre o prazo de preinscrición no Verán Activo 2023

- Anuncio -

Dirixido a nenos e nenas de 6 a 15 anos, as actividades terán lugar do 10 ao 21 de xullo

O Concello de Lousame abre hoxe xoves 8 de xuño o prazo de preinscrición nos seus campamentos Verán 2023 para veciños e veciñas empadroados e residentes en Lousame. Unha iniciativa de conciliación familiar dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 15 anos de idade e que terá lugar do 10 ao 21 de xullo, en horario de 9:00 a 14:00 horas (salvo o luns 17 de xullo, que será de 9:00 a 20:00 horas).

O Verán Activo 2023 foi presentado esta mañá pola concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, quen destaca que “este ano facemos un cambio e haberá unha única quenda, serán máis días pero só en horario de mañá, salvo o luns 17 de xullo que viaxaremos ao Aquapark de Cerceda e estaremos todo o día. Facémolo así a petición das propia familias xa que a gran maioría dos cen participantes son nenos e nenas pequenos, de entre 6 e 8 anos, para os que estar todo o día se lles facía moi pesado. Desta forma queremos que aproveiten mellor as actividades e o pasen moito mellor”.

O Concello de Lousame convoca 100 prazas no Verán Activo 2023, dirixidas a nenos e nenas de entre 6 e 15 anos de idade. O proceso de preinscrición estará aberto dende hoxe ata o 18 de xuño para veciños e veciñas de Lousame, e do 19 ao 25 de xuño para persoas non empadroadas no municipio a través de Bandoticket. Os prezos serán de 45 euros para empadroados e de 65 euros para o resto.

Os campamentos desenvolveranse do 10 ao 21 de xullo, en horario de 9:00 a 14:00 horas, coa posibilidade de recoller aos cativos no polideportivo municipal da Silva a partir das 8:30 horas. Uns campamentos que contarán novamente coa colaboración do Servizo de Voluntariado xuvenil de Lousame.

Co Verán Activo 2023, o Concello de Lousame busca ofrecerlle á cativada dez días moi divertidos no que aprendan e desfruten dunha gran variedade de actividades lúdico-culturais, deportivas e de aventura na natureza. Así, o técnico de Cultura, Eduardo Agraso, explica que “sempre organizamos unha actividade deportiva e outra de auga na mesma xornada, pero tamén buscamos incluír actividades culturais como visitas a exposicións, cinema… para equilibrar un pouco. Deste xeito, “a rapazada adquire e desenvolve moitos valores de forma transversal como poden ser os do compañeirismo, traballo en equipo, responsabilidade, respecto, empatía, orde ou disciplina”, apunta Silvia Agrafojo.

Na programación figuran actividades especiais como gymkana acuática, inchables acuáticos, obradoiros, sendeirismo, festa da escuma, música en vivo, xornadas de cine, campionato de volei herba…

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas