Home A Coruña O Concello de Lousame e a Fundación Amigos de Galicia achegarán as...

O Concello de Lousame e a Fundación Amigos de Galicia achegarán as novas tecnoloxías ás persoas maiores do municipio

- Anuncio -

O Concello de Lousame colabora coa Fundación Amigos de Galicia e a Xunta de Galicia na posta en marcha do programa “Nosos maiores, mellor acompañados”. Trátase dunha iniciativa gratuíta dirixida ás persoas maiores de Lousame, en especial aquelas que vivan soas, para promover un envellecemento activo mediante a súa sociabilización e dixitalización.

Para conseguilo, Concello e Fundación organizarán catro sesións nas que lles ensinarán a manexar o teléfono móbil e os ordenadores para realizar xestións a través de Internet (pedir citas médicas ou coa Administración, banca electrónica…). Serán un total de 10 horas de formación, repartidas en catro sesións, que terán lugar a comezos de xuño. As clases terán lugar na escola do Sanguiñal, en horario de 10:00 a 12:30 horas. A participación é gratuíta, sendo preciso anotarse previamente no Departamento de Servizos Sociais de Lousame (981 820 494).

Os obradoiros contan cun simulador de caixeiro automático bancario e teléfono móbil para que, de forma práctica, as persoas maiores poidan experimentar unha aprendizaxe significativa e interiorizar as actividades propostas; tales como solicitar unha cita médica a través da APP móbil do Sergas, gardar quenda no seu centro de saúde, sacar diñeiro no caixeiro, actualizar a súa cartilla ou manexar os seus teléfonos móbiles.

Uns obradoiros prácticos e sinxelos que teñen como obxectivo final favorecer a independencia dixital das persoas maiores de Lousame, para que así poidan levar a cabo as súas tarefas diarias de maneira autónoma.

Relacionadas

Inés Rey, na celebración do ascenso do Dépor ABANCA: “Hoxe o orgullo da Coruña...

0
A alcaldesa recibiu ao equipo en María Pita, onde a afección celebrou o triunfo desde a praza A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu esta...

Cores suma seis novas liñas de autobús e nove servizos de luns a venres,...

0
 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade incorporou a parada nesta parroquia, que tamén contará con tres servizos os sábados e cinco domingos e...

Charlín lamenta que a oposición trate de enganar á veciñanza e sinala que as...

0
• O alcalde laxense lamentou as acusacións vertidas desde o BNG de maneira “completamente inxustificada, sen probas e con datos falsos e desactualizados” • “Os...

As brigadas medioambientais municipais actúan no Castro de Montes Claros

0
Nos espazos que foron obxecto de escavacións intervirase baixo supervisión arqueolóxica. O Concello continúa levando a cabo actuacións que teñen por obxectivo conservar e poñer...

O Concello comeza este mércores os traballos de mellora dun camiño rural en Brañas...

0
· Por mor das obras, permanecerá cortada ao tráfico rodado a vía que une a Grela con Tasaraño. O Concello de Camariñas dará comezo este...

Concerto da arxentina Guada o sábado na Fábrica

0
O Festival Elas son Artistas chega este sábado a Oleiros cun concerto da artista arxentina Guada, no centro cultural A Fábrica, ás 20:30 horas....

Publicacións Relacionadas