Na competición, que se celebrou online, participaron máis de 30 nenos e nenas das comarcas do Barbanza e Santiago
O departamento de Deportes do Concello de Lousame enviou aos domicilios dos nenos lousamiás que xogaron a terceira edición do Torneo de Nadal de Xadrez as medallas e trofeos que recoñecen a súa participación no certame. Ante as restricións e medidas de seguridade establecidas para frear a curva de contaxio da Covid-19, o equipo de goberno de Lousame decidiu enviar a través do correo estes recoñecementos para evitar calquera tipo de contacto.
A competición desenvolveuse nunha única fase, o pasado 26 de decembro, e tivo lugar a través das plataformas dixitais. No torneo participaron máis de 30 nenos e nenas das escolas dos concellos do Barbanza e da área de Compostela.
O Concello de Lousame recoñeceu a nivel local a clasificación dos seis nenos participantes. Neste caso, ademais, o neno que ocupa a primeira posición do ránking local, Nicolás Outeiral, tamén se alzou co terceiro posto na clasificación xeral.
A clasificación xeral quedou como segue:
1.- Noel Casares (18 puntos)
2.- Sergio Calvo (16 puntos)
3.- Nicolás Outeiral Suárez (15 puntos)
A nivel local, na categoría Sub-14 a clasificación foi a seguinte:
1º.- Nicolás Outeiral Suárez (15 puntos)
2º.- Daniel Boo Miguéns (14 puntos)
3º.- Pedro Fernández Rey (13 puntos)
4º.- Marcos Regueira Miguéns (6 puntos)
E na categoría Sub-10 a clasificación foi esta:
1º.- Xoel Ferreirós Rodríguez (9 puntos)
2º.- Manuel Fernández Moledo (7 puntos)
As clases de xadrez que se imparten no concello de Lousame son online dende que comezou a pandemia, e os nenos e nenas que practican esta disciplina descenderon nun 50% neste novo curso –pasando de 13 alumnos e alumnas a 6-.