Home A Coruña O Concello de Lousame licita por máis de 95.000 euros a mellora...

O Concello de Lousame licita por máis de 95.000 euros a mellora do firme do viario de Sanguiñal a Tállara

- Anuncio -

As obras serán financiadas pola Xunta de Galicia de acordo ao convenio de colaboración asinado en xaneiro pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade e a alcaldesa de Lousame

O Concello de Lousame vén de sacar a licitación por 95.406,32 euros as obras de reforzo do firme no viario de Sanguiñal a Tállara, que permitirá reforzar o firme nunha lonxitude de case 1 km, entre as interseccións das estradas DP-1104 e DP-1105, para dotar toda a estrada dun firme homoxéneo e adaptado ás características reais do tráfico que soporta. Unha actuación que será financiada integramente con cargo ao convenio de colaboración asinado o pasado mes de xaneiro pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.

As obras consistirán no saneo dos puntos máis deteriorados da estrada e vertedura dunha primeira capa de mestura bituminosa para regularizar o firme. Posteriormente estenderase unha nova capa de rodadura de 4 centímetros sobre toda a estrada. As obras inclúen tamén a adaptación dos pozos de rexistro e das arquetas existentes á nova rasante, así como a reposición completa das marcas viarias e coa novidade da instalación dunhas bandas sonoras para a redución da velocidade. Unhas actuacións que teñen un prazo máximo de execución dun mes.

O prazo de presentación de ofertas estará aberto ata as 23:59 horas do 23 de maio. A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, explica que “a nosa previsión inicial era poder executar as obras antes de que remate o verán e os prazos estanse a cumprir, polo que agradecemos esta nova colaboración da Xunta de Galicia na mellora dunha das principais vías de comunicación deste concello”.

Historia desta estrada

Esta actuación dálle continuidade á mellora acometida no ano 2019, data na que se reforzou o firme do primeiro tramo estrada municipal que conecta Portobravo e Tállara. Daquela actuouse en máis de 5 km, dotando de nova capa de rodadura o viario municipal entre Portobravo e Sanguiñal, e supuxo un investimento autonómico de 450.000 euros. Agora resta 1 km entre Sanguiñal e Tállara, cun orzamento de 95.406,32 euros.

A estrada entre Portobravo e Tállara construíuse grazas a un convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Lousame asinado en novembro de 2009 por un importe total de 878.000 euros. A capacidade orzamentaria da Xunta non permitiu acadar o investimento inicialmente previsto, polo que foi preciso adaptar a obra aos cartos dispoñibles, polo que se estendeu unha única capa de aglomerado de 5 centímetros de espesor durante a execución das obras (anos 2010 e 2011).

Con data de xaneiro de 2019, a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Lousame asinan un novo convenio para dotar a esta estrada dunha nova capa de rodadura e aumentar o seu firme ata acadar os criterios inicialmente contemplados no acordo de dez anos antes. O deterioro sufrido pola estrada fixo que esta actuación tivera que dividirse en dúas partes: a primeira executada no ano 2019 (Portobravo-Sanguiñal) e a segunda que se fará no verán de 2022.

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas