Home A Coruña O Concello de Lousame recupera a tradicional Homenaxe a Prudencio Romo coas...

O Concello de Lousame recupera a tradicional Homenaxe a Prudencio Romo coas bandas de música de Lousame, Rianxo e Cee

- Anuncio -

A cita musical terá lugar este domingo 18 de setembro, ás 18:00 horas, no campo da festa de San Roquiño

A banda de música de Cee, a banda de música de Rianxo e a banda de música de Lousame protagonizan a décimo cuarta Homenaxe a Prudencio Romo, que terá lugar este domingo 18 de setembro, ás 18:00 horas, no campo da Festa de San Roquiño. Un festival que foi presentado esta mañá en Lousame pola concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo; o director da Banda de Música de Lousame, Fernando Froján; a presidenta da Asociación Prudencio Romo, Isabel Molares; e os técnicos de Cultura lousamiás, Eduardo Agraso e Teresa Baluja.

“Decidimos participar activamente na organización desta edición, na que retomamos o programa de tres bandas”, explicou o técnico de Cultura, Eduardo Agraso, destacando que participan grupos da zona, co obxectivo de fomentar a cultura. Así a colaboración entre as bandas e o Concello foi crucial para levar adiante o evento, tras dous anos de parón pola pandemia sanitaria.

Un programa atractivo e ameno

Con pasodobres ou sons de mambo, o programa deste domingo consta de música de altos grados que “seguro vai gustar ao público”, asegura Fernando Froján, director da banda de música de Lousame. Trátase de “buscar obras que sexan atractivas e non demasiado largas para que a veciñanza goce do espectáculo”. Entre eses temas que se interpretarán este domingo figuran dende o “Mambo 5”, “La Bamba”, “Tequila” ou a banda sonora de “La la land” a temas máis clásicos como a Marcha Eslava de Tchaikovsky.

Silvia Agrafojo animou a pequenos e grandes a vir este domingo e “empaparse da música e da cultura” nesta homenaxe a Prudencio Romo. De feito, agardan que o bo tempo acompañe esta celebración para comezar a traballar xa na seguinte edición, que será a número quince.

Relacionadas

Nova xuntanza do Club de Lectura da biblioteca de Fene con presenza do autor...

0
Sobre o libro Os afogados (Premio Illa Nova de Narrativa 2023), de Pablo J. Rañales, xirará este mércores unha nova sesión do Club de...

O Grupo Socialista impulsa unha moción para lograr que a educación afectivo-sexual se implante...

0
Alertan de que segundo un recente estudo sobre hábitos sexuais o 75% de adolescentes galegos aseguran que se informan sobre sexo a través amizades...

Máis de 100 caniches de todo o Estado daranse cita este sábado en Fene...

0
O encontro celebrarase no Pavillón A Xunqueira de San Valentín, que acollerá actividades e unha feira especializada durante toda a xornada 110 cans de raza...

Día do Libro na Biblioteca Municipal de Ribeira

0
O alumnado do CEIP de Olveira visitou hoxe a Biblioteca Municipal, onde están expostos os 279 traballos que participaron no III Concurso de Deseño...

Últimos días para visitar a exposición da escola de cerámica da asociación Cerámica e...

0
O vindeiro luns, 29 de abril, pecha ao público a exposición Auga, terra, aire e lume, do alumnado da escola de cerámica que dirixe...

O Concello de San Sadurniño remata o aglomerado dun novo tramo na zona da...

0
O investimento, cofinanciado pola AGADER e o Concello, ascende a 87.000 euros A empresa de obra pública Hordescon S.L. rematou hai escasos días o proxecto...

Publicacións Relacionadas