Ao pleno de mañá, xoves 18 de febreiro, levará a resolución das alegacións presentadas e posteriormente publicarase no BOP para a súa entrada en vigor.
O texto regula a pesca, a circulación e varada de embarcacións e outros artefactos relacionados, a acampada, a presenza de animais de compañía, a práctica de deportes acuáticos e outras actividades, o baño e a venda non sedentaria de produtos.
O Concello de Miño contará coa súa primeira ordenanza para regular o uso das praias do municipio, unhas normas que non existían ata o de agora e que permitirán que se faga un uso máis razoable dos areais e, á súa vez, respectuoso co medio ambiente.
Mañá, xoves 18 de febreiro, levará a pleno ordinario a resolución das alegacións presentadas á ordenanza despois de estar exposta ao público durante o período regulamentario e posteriormente esta publicarase no BOP para formalizar así a súa entrada en vigor.
A través deste texto regularase a pesca, a circulación e varada de embarcacións e outros artefactos relacionados, a acampada, a presenza de animais de compañía, a práctica de deportes acuáticos e outras actividades, o baño e a venda non sedentaria de produtos.
O goberno local avanza así na modernización de usos e servizos nas praias, para adaptarse aos novos tempos, que se iniciou este pasado verán coa modernización do aparcamento da praia Grande, a concesión de novos postos de food trucks e a difusión de megafonías trilingües, con gravación profesional.