O contrato inclúe vehículos, maquinaria e outro tipo de chatarra como a torre metálica de vixilancia da praia Grande.
Cada ofertante poderá ver previamente as condicións e características do material obxecto de venda.
O prazo de presentación de ofertas finaliza o 28 de xaneiro.
O Concello de Miño vén de publicar o contrato para poxar toda a chatarra municipal que actualmente está acumulada no recinto da antiga escola de Gallamonde e que xa non se pode utilizar por non ser apto para ofrecer un servizo público.
Entre este material inservible atópanse: vehículos (catro turismos, unha pa cargadora, un camión de recollida de lixo, unha varredora e un cepillo tractor), maquinaria (tractor cortacésped, cortacésped manual, formigoneira, parquímetros e brazos retro rozadora), ou chatarra metálica (a torre de vixilancia da praia Grande, báculos, xanelas, ,reixas, portalóns, varandas, a estrutura de contedores enterrados…).
O prazo de presentación de ofertas finaliza o próximo 28 de xaneiro e cada ofertante poderá ver previamente as condicións e características do material obxecto da venda.