Home A Coruña O Concello de Moeche convida á rapazada a descubrir a figura de...

O Concello de Moeche convida á rapazada a descubrir a figura de Florencio Delgado Gurriarán por medio dunha xincana sobre a súa vida e obra

- Anuncio -

A actividade desenvolverase este sábado 14 de maio a partir das 12:00h na Nave do Mercado de San Ramón

É unha proposta gratuíta, pero fai falla inscrición previa a través de correo@moeche.gal

O homenaxeado o 17 de Maio é, quizais, un dos persoeiros da nosa cultura menos coñecidos para o público en xeral de todos aqueles e aquelas a cantas se lles tén rendido tributo. Florencio Delgado Gurriarán (Vilamartín de Valdeorras, 1903 – Los Ángeles, 1987) foi un poeta e activista político que pasou a maior parte da súa vida no exilio en México, sendo a un tempo parte da emigración forzada trala Guerra Civil e aglutinador do galeguismo no país centroamericano. Se cadra por iso a súa obra e vida non tiveron tanta difusión como deberían, aínda que a elección por parte da Real Academia Galega para adicarlle as Letras Galegas deste ano está axudando en certo modo a cubrir ese baleiro. Á descuberta de quen foi e que significou Florencio Delgado tamén se suma o Concello de Moeche, quen lle propón ás nenas e nenos coñecer a súa figura por medio dun xogo cooperativo que se desenvolverá este sábado 14 de maio a partir das 12:00h na Nave do Mercado.

O título da actividade é, precisamente, “Quen dis que era Delgado Gurriarán?” e está concibida como unha xincana arredor da obra e a figura do autor. Por medio do xogo a cativería deberá ir superando retos que lle axudarán a resolver un enigma ou cumprir unha misión final.

O colectivo Xandobela explica que a actividade se desenvolverá distribuíndo polo recinto do mercado un total de 13 carteis con cadanseu reto. Serán tarefas que a rapazada terá que ir facendo en parellas, todas elas moi sinxelas “para que todas as rapazas e rapaces poidan resolvelas”, pero rigorosas abondo para garantir a aprendizaxe ou o reforzo sobre os coñecementos previos que teñan sobre o autor e a súa obra.

A mecánica explicarase antes do comezo do xogo e, a grandes trazos, consiste en ir percorrendo cada un dos paneis e superando as probas que se propoñen neles. Se un cartel está ocupado por outro equipo haberá que agardar a que quede libre ou buscar outro que o estea. Os equipos non poderán pedir axuda e esta primeira parte do xogo irá cronometrada.

Unha vez remate o tempo, o grupo reunirase e tentarase resolver o enigma final, poñendo en común para iso todas as pistas e a información que fosen recollendo nos retos de cada cartel.

A actividade está pensada para cativas e cativos a partir dos 8 anos e comezará a iso das 12:00h, cunha duración estimada dunha hora.

Libros para a Casa Niño e para a Casa do Maior
Ademais desta actividade organizada para a mañá do sábado, o Concello tamén aproveitará a celebración do 17 de Maio para entregarlles á Casa Niño e á Casa do Maior lotes de libros en galego, co obxectivo de que creen e vaian ampliando cadansúa biblioteca.

Relacionadas

A Pobra, epicentro nacional do remo co Campionato de España de Bateis

0
"Hai unha semana dicíamos que A Pobra se erixía como capital galega do remo; hoxe podemos dicir que de España." Con estas palabras comezou...

Este xoves, xornada sobre seguridade viaria con actividades simultáneas en Carballo e Ardaña

0
Colaboran a Policía Local, o Club Ciclista Carballo e a asociación de veciños Santa María Carballo será escenario este xoves dun intenso programa dedicado á...

O Concello, preto de reter o investimento de 759.658 euros para o albergue e...

0
• Tras a aprobación no pleno municipal da prórroga dos terreos, o executivo local traballa en emendar dous defectos máis do proxecto para poder...

O Concello volverá instalar Puntos Violeta nas festas para previr violencias sexuais, LGTBIfóbicas e...

0
Un ano máis, o Concello de Oleiros, en colaboración coas comisións de festas do municipio, está a traballar activamente para a prevención das violencias...

O alumnado do obradoiro de emprego Carballo Coida II inicia as súas prácticas en...

0
Representantes das entidades colaboradoras asinaron hoxe os convenios correspondentes nun acto celebrado na Alcaldía Para o alumnado-traballador do obradoiro dual de emprego Carballo Coida II,...

O Grupo Socialista critica que o goberno local “busque ocultar as carencias da súa...

0
Mantiveron unha reunión coas asociacións de comerciantes da cidade para tomar o pulso do sector en relación ás intencións do goberno de regular os...

Publicacións Relacionadas