Home A Coruña O Concello de Moeche convida á rapazada a descubrir a figura de...

O Concello de Moeche convida á rapazada a descubrir a figura de Florencio Delgado Gurriarán por medio dunha xincana sobre a súa vida e obra

- Anuncio -

A actividade desenvolverase este sábado 14 de maio a partir das 12:00h na Nave do Mercado de San Ramón

É unha proposta gratuíta, pero fai falla inscrición previa a través de correo@moeche.gal

O homenaxeado o 17 de Maio é, quizais, un dos persoeiros da nosa cultura menos coñecidos para o público en xeral de todos aqueles e aquelas a cantas se lles tén rendido tributo. Florencio Delgado Gurriarán (Vilamartín de Valdeorras, 1903 – Los Ángeles, 1987) foi un poeta e activista político que pasou a maior parte da súa vida no exilio en México, sendo a un tempo parte da emigración forzada trala Guerra Civil e aglutinador do galeguismo no país centroamericano. Se cadra por iso a súa obra e vida non tiveron tanta difusión como deberían, aínda que a elección por parte da Real Academia Galega para adicarlle as Letras Galegas deste ano está axudando en certo modo a cubrir ese baleiro. Á descuberta de quen foi e que significou Florencio Delgado tamén se suma o Concello de Moeche, quen lle propón ás nenas e nenos coñecer a súa figura por medio dun xogo cooperativo que se desenvolverá este sábado 14 de maio a partir das 12:00h na Nave do Mercado. A actividade -coordinada por Xandobela- vai orientada a rapazada maior de 8 anos e require inscrición previa a través de correo@moeche.gal.

O título da actividade é, precisamente, “Quen dis que era Delgado Gurriarán?” e está concibida como unha xincana arredor da obra e a figura do autor. Por medio do xogo a cativería deberá ir superando retos que lle axudarán a resolver un enigma ou cumprir unha misión final.

O colectivo Xandobela explica que a actividade se desenvolverá distribuíndo polo recinto do mercado un total de 13 carteis con cadanseu reto. Serán tarefas que a rapazada terá que ir facendo en parellas, todas elas moi sinxelas “para que todas as rapazas e rapaces poidan resolvelas”, pero rigorosas abondo para garantir a aprendizaxe ou o reforzo sobre os coñecementos previos que teñan sobre o autor e a súa obra.

A mecánica explicarase antes do comezo do xogo e, a grandes trazos, consiste en ir percorrendo cada un dos paneis e superando as probas que se propoñen neles. Se un cartel está ocupado por outro equipo haberá que agardar a que quede libre ou buscar outro que o estea. Os equipos non poderán pedir axuda e esta primeira parte do xogo irá cronometrada.

Unha vez remate o tempo, o grupo reunirase e tentarase resolver o enigma final, poñendo en común para iso todas as pistas e a información que fosen recollendo nos retos de cada cartel.

A actividade está pensada para cativas e cativos a partir dos 8 anos e comezará a iso das 12:00h, cunha duración estimada dunha hora. Para participar nela abonda con preinscribirse ata este venres a través de correo@moeche.gal.

Quen queira ir ampliando información sobre Florencio Delgado Gurriarán pode consultar o especial sobre o poeta e galeguista publicado pola RAG ou ben a web asletrasdeflorencio.gal, promovida polo Concello de Vilamartín de Valdeorras, lugar de nacemento do homenaxeado.

Libros para a Casa Niño e para a Casa do Maior
Ademais desta actividade organizada para a mañá do sábado, o Concello tamén aproveitará a celebración do 17 de Maio para entregarlles á Casa Niño e á Casa do Maior lotes de libros en galego, co obxectivo de que creen e vaian ampliando cadansúa biblioteca.

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas