Home A Coruña O Concello de Moeche destina 15.000 euros a axudas escolares

O Concello de Moeche destina 15.000 euros a axudas escolares

- Anuncio -

O BOP publicou hoxe as bases polas que se rexerá a concesión das axudas para as familias do municipio, que se poderán solicitar tan pronto como saian publicadas tamén na base do sistema nacional de subvencións

O Boletín Oficial da Provincia deste xoves 12 de xaneiro publica o anuncio do Concello de Moeche referido ás bases polas que vai rexerse a concesión das axudas municipais para colaborar coas familias nos gastos de estudo das súas fillas e fillos, así como nos derivados do desprazamento do alumnado a centros situados fóra do municipio. O importe total que se distribuirá entre as solicitudes que cumpran os requisitos ascende a 15.000 euros. Dependendo do curso no que se teña matrícula, do nivel de renda per cápita da unidade familiar e, de ser o caso, da distancia á que se atope o centro de ensino, a axuda poderá chegar até os 550 euros por alumno ou alumna. O prazo de solicitude será de 20 días hábiles. Porén, para que empece a contar haberá que agardar a que o extracto das bases saia publicado tamén na Base de Datos do Sistema Nacional de Subvencións. Daquela hase avisar a través das redes sociais e tamén, de novo, desde a web municipal.

De cara a ir mirando as cousas e preparando o papeleo para cando abra o prazo de presentación, é importante ter en conta cales son os máximos de renda que permiten acollerse á convocatoria. Nas bases establécense dous tramos de axuda: un para familias que non superen os 8.000 euros de renda per cápita e outro para aquelas familias que estean entre os 8.000 e os 10.000 euros de renda por cabeza, que é o tope máximo para poder acollerse ás achegas municipais.

Para o actual curso escolar volve haber dúas liñas, compatibles con bolsas ou axudas similares concedidas por outras administracións. Na primeira concederanse as axudas para actividades relacionadas coa formación, da que poderán beneficiarse os alumnos e alumnas con matrícula no CEIP San Ramón ou que cursen ESO, Bacharelato, FP, estudos universitarios -agás posgraos- ou mesmo ensinanzas superiores de tipo artístico en calquera centro público. Tamén poderá acceder ás bolsas aquel alumnado con necesidades educativas especiais que deba acudir a un centro fóra de Moeche. Os importes das axudas van desde os 100 até os 300€, dependendo dos niveis de renda e dos estudos cursados (ver o cadro inferior).

A segunda liña son as axudas para desprazarse estudar fóra do municipio, cuxa concesión se relaciona tamén cos niveis de renda per cápita e coa distancia á que se encontre o centro de ensino. Se se cumpren os requisitos, a axuda poderá ser de 125, 150, 200 ou 250 euros.

Ambas liñas tamén son compatibles entre si, de modo que, por exemplo, unha rapaza ou rapaz que curse estudos universitarios a máis de 100 quilómetros de Moeche e que se axuste ao tramo de renda máis baixo, podería percibir ata 550 euros de axuda municipal.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria na Base de Datos do Sistema Nacional de Subvencións. No momento en que se produza a publicación avisarase a través das redes sociais e da web municipais.

O trámite poderá facerse presencialmente nas oficinas municipais, a través da Sede Electrónica ou por calquera dos outros medios admitidos na normativa de relación coas Administracións públicas. Para calquera dúbida sobre as bases, os requisitos ou os prazos pódese chamar ao Concello -981 404 006- ou mandar unha mensaxe a correo@moeche.gal.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas