HomeA CoruñaO Concello de Muxía e o IES Ramón Caamaño presentan ,un libro...

O Concello de Muxía e o IES Ramón Caamaño presentan ,un libro creado polo alumnado do centro educativo

- Anuncio -spot_img

O Concello de Muxía, en colaboración co IES Ramón Caamaño, presentará este venres ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal Santiago Rey Latorre o libro, unha obra colectiva escrita polo alumnado do instituto muxián.

Este proxecto naceu no seo do Departamento de Dinamización Lingüística do IES Ramón Caamaño e materialízase nun volume de relatos creado spolo spropios estudantes, ilustrados por Eduardo Baamonde e cunha parte do deseño realizada polo profesor e artista David Creus.

A iniciativa contou coa colaboración do Departamento de Cultura do Concellode Muxía, que quixo apoiar este traballo para fomentar a creatividade, a lingua galega e o orgullo pola comunidade educativa local. Grazas a este esforzo conxunto, converteuse nun proxecto real que agora o Concello e o instituto queren dar a coñecera toda a veciñanza.

En palabras da concelleira de Cultura, Sandra Vilela, “todos os muxiáns e muxianas están convidados a achegarse para coñecer este libro escrito polos seus fillos,netos e veciños”.

No acto intervirán o director do IES Ramón Caamaño, Xurxo Fernández, o profesor e artista David Creus, o profesor de Lingua Castelá e Literatura Jorge Debarnolla, así como o alumnado autor e autora dos relatos, auténticos protagonistas desta publicación.

Con est apresentación ,o Concello de Muxía quere recoñecer o talento e o traballo do seu alumnado e profesorado, e continuar apoiando proxectos culturais que naceron das aulas e que contribúen a fortalecer a identidad ee a lingua galega.

Publicacións Relacionadas