Home A Coruña O Concello de Neda abre este luns inscricións na ruta guiada polo...

O Concello de Neda abre este luns inscricións na ruta guiada polo casco histórico

- Anuncio -

Celebrarase o mércores 21 de setembro con saída do Albergue ás 17 h

O Concello de Neda abrirá este luns 19 de setembro o prazo de inscrición na ruta guiada polo casco histórico, incluída no programa municipal “Descubrindo Neda”. O itinerario, guiado pola técnica de Turismo, desenvolverase o mércores 21, con saída ás 17 horas do Albergue de Peregrinos.

Trátase dun percorrido de dificultade baixa e dúas horas de duración estimada.
As prazas son limitadas, e a inscrición na ruta, gratuíta, debe formalizarse no teléfono do Albergue 682 623 335 (de 10:30 a 16:00 h) ou correo maría.fornos@neda.gal, (luns 19 e martes 20 de setembro, ou ata completar prazas).

A ruta deste mércores percorrerá o paseo marítimo ata a igrexa de Santa María, construción barroca que custodia unha talla aínda máis antiga e rodeada de lenda, o Cristo da Cadea. As persoas participantes poderán descubrir como era o trazado medieval da vila, o punto no que se atopaba o primeiro dos muíños do río Belelle e tamén algún do patrimonio desaparecido. Outra parada destacada será a Torre do Reloxo, outrora hospital de peregrinos, que atendía tamén a enfermos. A última parada será a igrexa de San Nicolás, que conserva o sepulcro de Diego Esquío, membro dunha importante familia da nobreza local.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas