Home A Coruña O Concello de Neda saca a contratación novas obras de aglomeradode camiños...

O Concello de Neda saca a contratación novas obras de aglomeradode camiños en Anca e Viladonelle

- Anuncio -

Tras recibir as autorizacións sectoriais, licita tres novas intervencións, valoradas en 67.857,81 euros, que executará con fondos propios municipais

Unha vez recibida a autorización sectorial da Axencia Galega de Infraestruturas dada a proximidade dun dos viais a unha estrada autonómica, o Concello de Neda vén de sacar a contratación novas actuacións de mellora de camiños municipais nas parroquias de Anca e Viladonelle. Uns traballos que se realizarán con fondos propios, e que suporán un investimento de 67.857,81 euros. O Concello informa de que permitirán erradicar o estado de deterioro do camiño do Vilar-Sandes, do camiño en Vila de Anca e do camiño de Porta da Pena -este último en Viladonelle-, actualmente pavimentados por medio de regos asfálticos.

Así, os traballos agora en licitación contemplan a limpeza de cunetas, rebacheo das zonas máis deterioradas polo intenso tráfico que soportan, e aglomerado dos viais.

O prazo de execución estimado é de dous meses.
Deste xeito, as empresas interesadas poden presentar a súa oferta, ata o 28 de setembro, e consultar os pregos e condicións na plataforma de contratación do sector público.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas